CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Volver

 

Visitas guiadas e obradoiros educativos no MUNCYT

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía activan, un ano máis, o programa de visitas guiadas e obradoiros educativos no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, para os centros participantes na actual edición Voz Natura.

 

Charlas educativas da Garda Civil para protexer a natureza

A Garda Civil imparte charlas, nos centros que participan en Voz Natura, para concienciar dos hábitos correctos que protexen o medio ambiente.

 

Voz Natura busca reporteiros medioambientais!

A web e o Facebook de Voz Natura queren ser escaparates do voso labor ambiental, así que collede o móbil, a cámara de fotos, de vídeo..., gravade o voso traballo e convertédevos en reporteir@s ambientais. Así todo o mundo poderá ver o que facedes para coidar a contorna natural de Galicia e contaxiarase do voso compromiso coa natureza.

 

Dálle cor a Terri!

Coñeces xa a Terri? É a mascota do noso programa ambiental. Durante todo o curso, el pídeche colaboración para coidar o planeta e, agora, para que lle poñas cor. Como o imaxinas?