VOZ NATURA EN ACCIÓN

Actividades   |   Voz Natura en acción

 

Concurso de vídeos para reporteiros ambientais Voz Natura


Queremos mostrarlle ao mundo todo o que facemos para coidar os nosos ecosistemas e protexer o medio ambiente e invitámosvos a recoller nun vídeo as vosas actividades e traballos medioambientais e a participar no Concurso de vídeos ¡Así se coida a natureza!

Cada participante poderá presentar ata 5 creacións.

Os vídeos poden ser:
· Dunha actividade en concreto ou un resumo de todo o que fagades durante este curso.
· Con imaxe en movemento ou presentacións de fotografías.

O certame está aberto tanto aos centros e asociacións que este curso participan no programa como a outros colectivos ou particulares que non formen parte da comunidade Voz Natura.

Desde Voz Natura propoñémosvos que comecedes xa a documentar as vosas actividades para ir creando os vídeos que poderedes presentar a concurso a partir do mes de abril do 2019.

Mecánica
Unha vez elaborado o vídeo, os participantes deben presentalo a través dunha aplicación que se instalará na páxina en Facebook do programa. Alí mesmo, e tamén aquí, poderedes consultar as bases completas do certame.

Cada autor poderá presentar un máximo de cinco vídeos que someteranse á votación do público. Os cinco que reciban máis votos serán os finalistas e un deles converterase no gañador do certame, seleccionado por un xurado especializado.


¡Animádevos a participar!
¡O voso traballo é o mellor exemplo para o resto do mundo!