CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

Voz Natura bate un novo récord de participación na súa 21ª edición


Voz Natura, bateu un novo récord de participación na súa vixésima primeira edición. Este novo curso 2017/2018, o programa apoiará 350 proxectos nos que participarán 66.370 nenos e mozos de distintas idades, desde a etapa de infantil ata bacharelato, así como estudantes de formación profesional, de educación especial ou de distintas asociacións. 

Como en anteriores ocasións, haberá un eixo central para este curso: a protección do patrimonio etnográfico. Nesta ocasión, baixo o lema «A natureza forma parte da túa identidade. Cúidala», potenciaranse iniciativas enfocadas cara ao respecto dos espazos ambientais e a defensa de bens materiais que forman parte da paisaxe galega, como son fontes, lavadoiros, pontes ou muíños. 
Os participantes tamén traballarán na recuperación de tradicións ou costumes, sobre todo aquelas relacionadas coa natureza, sempre que sexan representativas do acervo cultural propio ou asimiladas como un modo de vida da sociedade. 

Para iso, o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.