CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

Voz Natura envórcase no coidado dos montes galegos


Voz Natura dedica este curso unha especial atención ao coidado dos montes galegos. Varios son os proxectos que se centran neste aspecto, fundamental para o medio ambiente galego.

No CPR Pablo VI Fátima, na Rúa de Valdeorras, ten lugar un traballo moi especial. Alí realizarase unha repoboación de árbores nun monte comunal próximo ao centro, nunha zona de alto interese ecolóxico que sufriu incendios forestais. Concretamente actuarán no miradoiro Barranco Rubio, unha ladeira sobre o val fluvial do Sil.

Pola súa banda, o CEIP de San Clodio (Ribas de Sil), da provincia de Lugo, pretende apoiar a candidatura das montañas de O Courel, Quiroga e Ribas de Sil a geoparque da Unesco. Ademais realizarán reforestación da zona e limpezas en zonas máis degradadas, poñendo en valor un enclave emblemático da xeografía galega.

Tamén existen outros proxectos completos. Así a Fundación Educativa Torre de Lemos, de Monforte, traballa nun plan de aproveitamento integral dos bosques da Ribeira Sacra que inclúe reforestación con especies autóctonas e recuperación de espazos degradados, así como unha guía dos montes que inclúe rutas de sendeirismo.

No ANPA O  Beco, do IES Punta Candieira, de Cedeira, centraranse no uso sociocultural do monte cultural, superando unha visión unicamente económica do aproveitamento dos montes de Cedeira. Ademais levará a cabo tres acciones fundamentais: limpeza de áreas degradadas, reforestación naqueles espazos que así o necesiten e ruta guiada pola natureza. É importante destacar o labor das familias en colaboración co centro para sacar adiante actividades fóra de horario escolar que involucran aos máis novos, proporcionando alternativas de lecer saudable.

O CPI da Picota, de Mazaricos, ten unha actuación no río Mazaricos: analizar a calidade da súa auga e facer un limpeza das súas ribeiras. Protexerán bosques autóctonos do seu concello estudando a súa biodiversidade, flora e fauna, valorando a súa saúde ambiental e a importancia dunha boa prevención contra os incendios forestais.

Xa por último, o CPR María Auxiliadora (salesianos), de Ourense, ten en marcha unha ruta didáctica polo Macizo Central para coñecer e protexer árbores singulares da súa contorna. #FaiGaliciaVerde.