CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

O Nadal tamén pode ser sustentable


A conta atrás para as noites máis máxicas do ano comezou. Os máis pequenos fixeron un oco para pensar no medio ambiente, e os centros que colaboran con Voz Natura preparan estes días varios proxectos centrados na solidariedade, a reciclaxe e a concienciación sobre consumo responsable.

O Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, en Ourense, envorcouse coa concienciación para un consumo sustentable durante o Nadal. Colocaron carteis para aforrar enerxía e auga, mentres que os alumnos de ESO explican aos de primaria a importancia de depositar as pilas nos lugares adecuados para non contaminar, ou o necesario que é tamén reducir residuos. Ademais, todo o cole participou na elaboración dun belén con materiais reciclados que é o orgullo de profesores e alumnos.

Tamén están moi concienciados no CEIP Xosé Neira Vilas, e non escatiman esforzos para a recollida selectiva do lixo nas aulas (plástico, papel e orgánico para realización de compost), os talleres de reciclaxe e o reutilizado de materiais. Teñen un punto de recollida de pilas, tapóns ou  tóner de impresoras. A idea é que a concienciación traspase as paredes da aula e chegue ás familias para que estas actúen con consciencia.

O espazo para a solidariedade está asegurado no EEI San Roque de Viveiro. O pasado xoves celebrouse un mercadillo solidario co obxectivo de recadar fondos para unha obra social nestas datas tan especiais. Os máis pequenos utilizaron  cedés usados para facer os seus adornos de Nadal que doaron ao Centro de Maiores Domus VI.

No CEIP de  Rubiáns todos os anos fan un concurso solidario de maquetas, e no CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón (Lugo) organizan mercadillos ecolóxicos para estimular o comercio xusto. A seu Horta Solidaria é unha das actividades con máis éxito de todo o programa.

E a reciclaxe? Pois tamén nestas datas os centros colaboradores de Voz Natura fomentan esta actividade ecolóxica. Está A Ecopatrulla de Reciclines do CPR Mariano, de Vigo, que co seu sistema de identificación e os seus brazaletes co logo do programa, traballa para cumprir con dúas misións: «misión papel» e «misión plástico».

Na primeira colócanse contedores grandes de papel en cada planta do colexio e os  reciclines supervisan que a reciclaxe de cada aula sexa correcto, ademais de baleirar o papel da clase na área xeral ao acabar o horario lectivo. A misión plástico leva a cabo no patio, onde se supervisa que os envases de plástico acaben no contedor amarelo e o orgánico no negro.

Pero hai moito máis neste Nadal sustentable: unha árbore feita con cedés reciclados no CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Rianxo; outro feito con botellas de plástico de cores no CEIP de Cespón de Boiro; e un belén con elementos que proveñen das árbores no CEIP Santa María do Castro, tamén en Boiro. #FaiGaliciaVerde.