CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

«Medrando Xuntos», aprendendo e coidándonos xuntos


O proxecto Medrando Xuntos do CEIP Plurilingüe As Solainas Nicolás Gutiérrez, en Campo da Guarda (Pontevedra), continua formando parte da rede de colexios de Galicia que participan no programa ambiental de Voz Natura.

O coordinador da iniciativa do centro educativo da Guarda, Jorge Pazos, fai alusión ao gran valor que supón para eles que a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre aposte polo seu proxecto e axúdelles economicamente a facer viable a súa idea en tanto que el mesmo afirma que «a contía que nos dan resúltanos suficiente para comprar materiais como árbores, plantas ou ferramentas. Levamos once anos sendo partícipes da axuda que nos proporciona a fundación facendo posible este plan».

Medrando Xuntos é unha proposta baseada na concienciación da importancia da natureza e en coñecer as necesidades e os coidados da fauna e a flora que constitúen e cohabitan nos ecosistemas naturais galegos. Para iso, o colexio deseñou unhas dinámicas de traballo práctico para todos os alumnos nas hortas, os montes e as praias. «Ademais, os máis maiores adoitan ter un módulo de formación teórica nos que as explicacións corren a mans de profesionais, como técnicos ambientais da Xunta de Galicia», sinala Pazos. 

Estes talleres de aprendizaxe, como as saídas á natureza, inclúense dentro dos horarios lectivos de todos os ciclos. A finalidade radica en que desde pequenos involúcrense nas reviravoltas do  medioambiente. Como di o coordinador do proxecto de As Solainas Nicolás Gutiérrez, «todas as actividades están dentro do horario escolar e forman parte do currículo dos nenos». Ás veces, os pequenos «contan co apoio dos pais que participan nalgunhas saídas e axúdannos, sobre todo, á hora de plantar na horta», apostila Jorge Pazos. 

No calendario que Medrando Xuntos presenta este curso 2018-2019, os menores enfróntanse a unha ardua tarefa durante todo o ano. «Terán que limpar as praias e depositar os residuos, principalmente ferro e plásticos, en puntos de recollida de lixo previamente establecidos polo  concello, o ano pasado colleitaron 50 quilogramos de plástico. Participarán na retirada de eucaliptos dos montes da comarca para proceder á reforestación con árbores autóctonas. Collerán unha pequena mostraxe do río Tamuxe para coñecer a fauna e a flora que alí cohabita e, deberán traballar en equipo con outros colexios da zona que participan no programa Voz Natura, como Asociación Avelaíña e IES A Sangriña, para  reforestar o monte de Camposancos no mes de marzo», detalla Jorge Pazos. #FaiGaliciaVerde.