CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

Os escolares lucenses coidan a súa contorna con Naturacción


Desde o curso 2013-2014, os colexios e institutos da Mariña e a súa área de influencia canalizan a súa participación en Voz Natura a través de Naturacción, un programa patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación. Formando parte da ampla comunidade Voz Natura, os centros desta zona dan vida a outra pequena gran comunidade na que non perden de vista a súa privilexiada contorna.

Este curso 2018-2019 son un total de 39 os traballos que se desenvolven ao amparo deste programa. Son 5.800 alumnos e 410 profesores que traballan en proxectos en grao sumo diverso pero sempre buscando un impacto directo nos seus ecosistemas. Tamén colaboran os pais e nais, familiares, membros de distintas asociacións, entidades locais e veciños das zonas onde se realizan as actuacións ambientais.

Este curso, a práctica totalidade dos centros Naturacción incorporan nos seus proxectos acciones relacionadas co tema central do curso: a preservación e coidado dos montes, a posta en valor da súa riqueza, a conservación da súa biodiversidade e a sensibilización social sobre a problemática dos incendios forestais.

Dous proxectos de premio o curso pasado 
Durante os seis anos de vida de Naturacción, os proxectos incluídos no programa lograron varios premios. O curso pasado conseguírono por partida dobre.

O IES María Sarmiento, de Viveiro, levou o galardón ao mellor traballo de toda a provincia de Lugo por un traballo centrado na defensa do patrimonio etnográfico da súa terra e a educación ambiental. Os alumnos visitaron todas as fontes e lavadoiros da súa contorna e levaron a cabo un proxecto moi completo de xeolocalización coa situación desas infraestruturas.

Pola súa banda, a Escola de Educación Infantil San Roque, de Viveiro, foi finalista no premio ao mellor blogue Voz Natura do curso. A súa bitácora destacaba pola realización de actividades interactivas de apoio ao seu proxecto, en concreto, libros interactivos multimedia de excelente calidade.#FaiGaliciaVerde.