CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

Voz Natura entrega os seus premios mañá no Museo da Voz


Voz Natura pecha este venres o seu 22.ª edición coa entrega de premios aos centros gañadores deste curso. O acto celebrarase ás 12.00 horas no Museo da Voz, situado na sede central do xornal en Arteixo.

Con estes premios, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e as entidades e empresas que apoian o programa, buscan facilitar os recursos necesarios aos equipos para que sigan traballando. Así, o premio Galicia, dotado con 5.000 euros, e o Infantil, con 2.000, contan co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través de Sogama. Os provinciais, patrocinados por Gadisa, conlevan 2.000 euros cada un, e os obsequios ao mellor blogue e vídeo, patrocinados por Coca-Cola  European Partners, serán unha  tablet e unha cámara respectivamente.

Tamén se entregarán os premios do programa Prensa-Escuela, correspondentes ao concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil e ao certame Galicia, Auga, Literatura e Rap desenvolto pola Voz e Viaqua. #FaiGaliciaVerde.