CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

O premio ao mellor vídeo vaise para Ferrol


O Centro de Educación Especial Terra de Ferrol foi elixido como gañador do concurso de vídeos ambientais de Voz Natura, Así se coida a natureza! A súa produción, Os nosos bosques, as nosas árbores, foi a máis votada entre todas as participantes, na aplicación instalada na páxina en Facebook do programa (facebook/ voznatura) e, posteriormente, a seleccionada polo xurado do certame como gañadora.

Os outros catro vídeos que pasaron á segunda fase do concurso e que se converteron en finalistas son os presentados pola EEI Verducedo (Moaña) con Dende Verducedo para ou mundo; en terceiro lugar, o Colexio Cervantes (Lugo); en cuarto, o CEIP San Cosme (Barreiros), con Ecolóxicos V, e, como quinto clasificado, o Centro Liceo A Paz (A Coruña).