CAST
|
GAL
 

BlogNatura

O Blog Mestre é o punto de encontro, motivación e intercambio de experiencias da comunidade dos cadernos dixitais de Voz Natura. Os coordinadores dos proxectos atoparán nel a orientación pedagóxica que precisan para os seus blogs e unha referencia para facilitar e guiar a elaboración dos seus propios cadernos. 
Esta ferramenta inclúe propostas de actividades didácticas e recursos en liña para a educación ambiental, ademais de información puntual dos proxectos en curso e de diversas cuestións relacionadas coa actualidade máis ecolóxica. O Blog Mestre é tamén un foro aberto para a expresión e as denuncias ambientais.