CAST | GAL
 
Día da Educación Ambiental

A partir dos anos 70, a educación ambiental adquire un gran auxe, coincidindo cun momento no que a destrución dos ecosistemas e a deterioración da natureza empezan a ser percibidos con máis intensidade como un problema que afecta a toda a sociedade.

En 1972, a celebración da Conferencia de Estocolmo marcou un punto de inflexión xa que recolleu unha mención expresa á educación ambiental, neste caso, dirixida a mozos e adultos, como o medio máis eficaz para previr e solucionar os problemas ambientais.

Cinco anos despois, na Conferencia de Tbilisi (Xeorxia) estimouse que «a educación ambiental debería integrarse no conxunto dos procesos educativos e dirixirse ao conxunto da poboación».

Da Conferencia de Río de Janeiro, en 1992, coñecida como Cume da Terra, saíu unha recomendación fundamental, incrementar os esforzos en materia educativa, reorientándoos cara á promoción do desenvolvemento sostible.

Diversos encontros internacionais posteriores, ratificaron o compromiso das autoridades mundiais coa educación ambiental ata chegar aos nosos días, onde esta materia está presente en todos os ámbitos educativos e sociais.

Máis información:

Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2

O día 28 de Xaneiro celébrase o Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2, ou tamén chamado Día Mundial da Acción fronte ao Quecemento Terrestre.

Este día foi designado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) como o día crave do ano para tomar decisións en prol do coidado do noso planeta, co obxectivo de crear conciencia e sensibilizar aos habitantes do noso planeta sobre o cambio climático e os impactos ambientais que esta ocasiona. Tamén busca impulsar o desenvolvemento e aplicación de políticas de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, tales como investimentos en desenvolvemento de fontes de enerxía renovables, cambio a combustibles máis limpos, melloras na eficiencia dos procesos de combustión e modificar as tendencias de consumo a través da educación ambiental.

Máis información: 

Portal das Nacións Unidas sobre o cambio climático:
http://www.un.org/climatechange/es/

Informes IPCC: http://www.ipcc.ch/

XANEIRO

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31