CAST | GAL
 
Día Mundial da Saúde

O 7 de abril do 1948 creouse a Organización Mundial da Saúde (OMS) co obxectivo de traballar para que os pobos do mundo alcancen o máximo nivel de saúde posible. Desde entón, cada 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde.

No 2011, a OMS lanza unha campaña mundial para chamar a atención sobre os riscos da resistencia aos los antimicrobianos e a súa propagación mundial como unha ameaza para a continuidade da eficacia de moitos medicamentos usados hoxe en día. O organismo destaca que esta situación pode facer peligrar os grandes avances que se están a conseguir contra algunas infeccións mortíferas importantes.

Día Internacional contra os Transxénicos

O 8 de abril celébrase unha xornada contra os organismos modificados xeneticamente que irromperon fai unha década na nosa agricultura e alimentación. Estes organismos provocaron un gran rexeitamento social, sobre todo, nalgúns sectores que critican os riscos que poden levar para os ecosistemas autóctonos ou, ata, para a saúde humana.

En Europa, no ano 2004 levantouse a moratoria sobre aprobacións de novos OMX, tras cinco anos de paralización. Ao mesmo tempo, a oposición a estes organismos foi crecendo ata o punto de que determinadas cidades, zonas ou rexións declaráronse Zona Libre de Transxénicos.

Día Internacional da Loita Campesiña

Este día tivo a súa orixe en 1996, cando o movemento mundial Vía Campesiña resolveu na súa II Conferencia Internacional de Tlatxcala (México) declarar o 17 de abril como o Día Internacional da Loita Campesiña en homenaxe aos 19 campesiños do Movemento Sen Terra que foron asasinados por policías no municipio do Dourado de Carajas (Brasil). Desde entón, traballadores rurais de todo o mundo celebraron este día para protestar pola crise na súa contorna laboral. A crise alimentaria mundial afecta actualmente á xente do ámbito rural, pero tamén do urbano, xa que toda a materia prima que alí se consome provén xeralmente do campo.

O actual modelo agroindustrial baseado en monocultivos intensivos acelera o cambio climático no uso do solo, o que leva á perda de solo agrícola. Na actualidade hai máis de 852 millóns de persoas no mundo que padecen fame e desnutrición, especialmente en Asia e África. O último informe da FAO sobre perspectivas mundiais da alimentación indica que a terra cultivable xa non pertence á poboación rural, senón que esta foi desprazada por macroproxectos agroindustriais para a exportación.

A reivindicación deste día ten como obxectivo fundamental pór en cuestión o papel que desempeñan os negocios agrícolas das empresas transnacionais e a súa relación coa actual crise alimentaria global.

Día Mundial da Terra

Promovido polo senador norteamericano, Gaylord Nelson, o 22 de abril de 1970 instaurouse o Día da Terra, co obxectivo de crear unha conciencia común sobre os problemas de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras cuestións relativas á protección da terra.

Xurdiu, nun primeiro momento, como un movemento estudantil. Nesta primeira concentración participaron dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias, ademais doutros colectivos. A mobilización deu os seus froitos e o goberno norteamericano creou a Axencia de Protección Ambiental e unha serie de leis destinadas ao coidado do medio ambiente.

Progresivamente, a cita foise consolidando ata converterse nun movemento global no que diferentes grupos ecoloxistas aproveitan para revisar os problemas ambientais do planeta e expor as súas reivindicacións.

Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído

O Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído é unha campaña que se desenvolve anualmente a nivel mundial o último mércores do mes de abril, co propósito de promover a nivel internacional o coidado do ambiente acústico, a conservación da audición e a concienciación sobre as molestias e danos que xeran os ruídos.

O ruído produce efectos negativos no ser humano, tanto fisiológicos como psicosomáticos, e constitúe un grave problema ambiental e social.

Máis información: 

Contaminación acústica:

ABRIL

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30