CAST | GAL
 
Día Mundial das Poboacións Indíxenas

O 23 de decembro de 1994, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas decidiu que o 9 de agosto de cada ano, durante o Decenio Internacional dos Pobos Indíxenas, se conmemorara esta efeméride. Posteriormente, en 2004, a ONU proclamou un segundo Decenio Internacional sobre este tema, para seguir fortalecendo a cooperación internacional na resolución dos problemas que afectan ás comunidades indíxenas. O seguinte paso na defensa deste colectivo foi o establecemento do Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas, por parte da Comisión de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.

Estímase que na actualidade hai máis de 370 millóns de persoas en 70 países pertencentes aos seus pobos orixinarios. Moitas delas soportan a falta de servizos básicos de saúde, teñen acceso limitado á educación, perden o control das súas terras e viven na marxinalidade económica e social.

Máis información:

Día Internacional contra los Ensayos Nucleares

Co obxectivo de captar a atención do mundo sobre a gravidade dos 
efectos tráxicos e aterradores dos ensaios nucleares e poñer de relevo a necesidade dunha acción unificada, o 2 de decembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 29 de agosto Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, mediante a aprobación por unanimidade da resolución 64/35.

Máis información:

Día Internacional da Solidariedade

Este día celébrase desde o ano 2000 por iniciativa de Nacións Unidas, co fin de promover e fortalecer os ideais de solidariedade en e entre as nacións, os pobos e os individuos.

Escolleuse o día 31 de agosto para a súa celebración, coincidindo co aniversario do movemento social independente Solidariedade (31 de agosto de 1980, Polonia), cuxa importancia mundial foi recoñecida, en particular, coa concesión do Premio Nobel da Paz ao seu dirixente Lech Walesa.

Para a constitución desta xornada, Nacións Unidas baseouse na Declaración do Milenio, que fixo desta actitude un dos valores fundamentais esenciais para as relacións entre os individuos, pobos e nacións no século XXI.

AGOSTO

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31