Nace o PNUMA
Na declaración final da Conferencia de Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Humano, celebrada en Estocolmo no 1972, acordouse a creación dun programa internacional para o medio ambiente. Como resultado deste compromiso, naceu o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, con sede en Nairobi (Kenia).
O obxectivo deste Programa é fomentar o desenvolvemento sostible e a implementación de políticas ambientais axeitadas. O PNUMA traballa para informar e capacitar ás nacións para que melloren a súa vida sen comprometer ás xeracións futuras. Ademais, promove múltiples iniciativas e actividades para protexer o planeta, como tratados internacionais, formación, campañas ou propostas lexislativas, entre outras cuestións.