CAST | GAL
 
Finaliza o prazo para participar no próximo curso Voz Natura

Os centros participantes en Voz Natura que queiran seguir co seu proxecto o próximo curso e os que desexen participar por primeira vez deben ter en conta que hoxe é o último día de prazo para presentar as súas propostas de acción ambiental. As que resulten seleccionadas polo Comité Científico recibirán financiación da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e comezarán a desenvolverse o próximo mes de setembro.

Día Mundial da Eficiencia Enerxética

O 5 de marzo é a data seleccionada pola comunidade internacional para conmemorar o Día da Eficiencia Enerxética. No actual escenario de cambio climático, esta efeméride cobra especial importancia, pois se refire á obtención dos mesmos bens e servizos enerxéticos, pero con menos recursos, menos contaminación, a un prezo inferior ao actual, xeradores de emprego e socialmente útiles.

A eficiencia enerxética exponse como unha das políticas de freo para o cambio climático e a consecución de cidades sostibles.

Máis información: 

Día Internacional de Acción polos Ríos

O Día Internacional de Acción contra as Represas e polos Ríos, a Agua e a Vida (International Day of Action Against Dams and for Rivers, Water, and Life) celébrase todos os anos o 14 de Marzo.

A idea do Día de Acción surxeu durante o Primeiro Encontro Internacional de Damnificados polas Represas, realizado en Curitiba (Brasil) no ano 1997. “Somos fortes, diversos e unidos por unha causa xusta. Para simbolizar a nosa creciente unidade, declaramos o 14 de marzo como Día Internacional de Acción contra as Represeas e polos Ríos, a Auga e a Vida", declararon os asistentes ao encontro.

Día Internacional dos Bosques

En 1971 a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) instaurou o 21 de marzo como o Día Forestal Mundial. En 2012, a Asamblea Xeral de Nacións Unidas o proclama Día Internacional dos Bosques.
Para darlle un carácter simultaneo á conmemoración, seleccionouse esta data porque coincide co inicio da primavera no hemisferio norte e o comezo do outono no sur.

Ao longo desta xornada, miles de persoas realizan plantacións e outras actividades para chamar a atención sobre a necesidade de preservar estes ecosistemas e loitar contra as agresións ás que ven sometidos, como os incendios e as deforestacións. A metade destes ecosistemas da Terra desapareceron e unha gran parte dos bosques primarios foron destruídos ou están ameazados pola extracción de madeira, os usos agrícolas ou gandeiros destes espazos, os encoros, a urbanización ou o cambio climático, entre outros factores.

Galicia é unha das principais potencias forestais de Europa, cunha superficie forestal arborada que representa o 48% do seu territorio (1.400.000 hectáreas). Máis de 120.000 hectáreas destas son consideradas superficie forestal certificada, o que coloca a esta comunidade á fronte do Estado en canto a xestión forestal sostible.

Día Mundial da Auga

Desde 1993, cada 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga en virtude a unha resolución da Asemblea Xeral de Nacións Unidas. O obxectivo é promover o uso razoable deste recurso e concienciar sobre os problemas que viven numerosas rexións do planeta pola escaseza de auga.

A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos, e a gama de servizos que prestan, xogan un papel crave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.

O Día Mundial da Auga está coordinado por UN-Water, un mecanismo de colaboración da ONU para temas relacionados coa auga potable no que participan gobernos e outras entidades. 

Máis información:

Día Meteorolóxico Mundial

O Día Meteorolóxico Mundial conmemora a entrada en vigor, o 23 de marzo de 1950, do convenio polo que se creou a Organización Meteorolóxica Mundial. Un ano despois da súa creación, sería nomeada organismo especializado das Nacións Unidas co obxectivo de asegurar a cooperación en materia meteorolóxica.

A variabilidade do clima está a provocar, cada vez máis, fenómenos extremos que acaban con miles de vidas en diversas rexións do planeta. Por exemplo, entre 1956 e 2005, o número de desastres de orixe meteorolóxica, climática e hidrolóxica —o 90% do total das catástrofes naturais— multiplicouse por dez; con todo, a medida que mellorou a prevención sobre prognósticos, o número de vítimas mortais pasou de 2,66 millóns entre 1956 e 1965, a 0,22 millóns na última década.

MARZO

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31