CAST | GAL
 
Día Internacional da Protección dos Animais

O 4 de outubro, festividade de San Francisco de Asís , celébrase en todo o mundo unha xornada dedicada aos animais. Esta conmemoración fai un chamamento á defensa destes seres, que non sempre reciben o trato máis axeitado por parte dos seres humanos.
A experimentación, as granxas e matadoiros, a utilización de animais en espectáculos, para a industria peleteira ou para investigación deberían facernos reflexionar. Por desgraza, non podemos esquecer os macabros episodios de malos tratos dos animais domésticos. Entre todos, debemos protexer e defender aos animais. 

Máis información en: Igualdade Animal 

Día Mundial do Hábitat

Seguindo unha recomendación da Comisión de Asentamentos Humanos, a Asemblea Xeral da ONU designou o primeiro luns de outubro como Día Mundial do Hábitat. A primeira conmemoración, en 1986, coincidiu co décimo aniversario da primeira reunión mundial sobre o tema: Conferencia das Nacións Unidas sobre Asentamentos Humanos, celebrada en Vancouver. Ao mesmo tempo, a ONU creou unha axencia especializada, o Centro das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos, para tratar de mellorar as condicións de vida das cidades.

Máis información: 
Rede Europea de Coñecemento Urbano

Día Mundial das Aves Migratorias

No ano 2018, axuntáronse as campañas máis grandes do mundo para a sensibilización e a educación acerca das aves co obxectivo de colaborar para concienciar sobre a necesidade da conservación das aves migratorias e os seus hábitats.
O Día Mundial das Aves Migratorias ( WMBD) ten unha nova dimensión global, ao unir os principais corredores migratorios do mundo, tamén chamados corredores aéreos e, por primeira vez, hai dous días de campaña álxidos: os segundos sábados de maio e de outubro.A campaña é unha ferramenta eficaz para axudar a aumentar a conciencia mundial sobre as ameazas que enfrontan as aves migratorias, a súa importancia ecolóxica, e a necesidade da cooperación internacional para a súa conservación.

Máis información: BirdLife InternacionalSociedade Española de Ornitoloxía/BirdLifeSociedade Galega de Ornitoloxía.

Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou, o 22 de decembro de 1989, designar o segundo mércores de outubro como o Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais. Unha data que se conmemoraría dentro do decenio 1990-1999, dedicado especialmente a esta temática. Con todo, en 2001, a Asemblea decidiu prolongar e manter esta efeméride máis aló do decenio, como un vehículo para promover unha cultura mundial de prevención e solidariedade ante estas catástrofes.
O Día Internacional para a Redución de Desastres é un evento importante. É un día para resaltar os éxitos e seguir traballando cara ao logro de comunidades máis seguras e resistentes.
A secretaría da Estratexia Internacional para a Redución dos Desastres (UN/ISDR) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) levan a cabo campañas de concienciación dos gobernos, organizacións internacionais e rexionais, oenegués e individuos de todo o mundo. 

Máis información: 
Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos

Día Mundial da Alimentación

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) celebra cada 16 de outubro o Día Mundial da Alimentación, para conmemorar a súa fundación no ano 1945. A finalidade desta conmemoración é concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra o fame, a desnutrición e a pobreza.
En torno ao 40 por cento da superficie terrestre se destina á agricultura, o que responsabiliza en boa medida aos agricultores da protección da biodiversidade. Máis se cabe agora que os cultivos transxénicos expándense polo planeta a un ritmo acelerado. No polo oposto, a agricultura ecolóxica preséntase como unha opción de futuro para moitos produtores que optan por técnicas máis respectuosas co medio ambiente. 
Así mesmo, a FAO estima que un terzo dos alimentos que se producen no mundo (1.300 toneladas) pérdese ou se desperdicia. Nos países desenvolvidos, os alimentos refugados polos fogares, as industrias distribuidoras e o sector da restauración liberan grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro. Nos países en desenvolvemento, as pragas, as estruturas de almacenamento defectuosas e as cadeas de subministración ineficientes contribúen en gran medida ás perdas de alimentos.A seguridade alimentaria é unha responsabilidade de todos. É fundamental concienciar sobre o valor dos alimentos e  o seu consumo sustentable xa que o desperdicio alimentario ten un impacto económico, social e ambiental que debemos evitar.

Máis información:
FAO (World Food Day)
MAPAMA (Estratexia "Máis alimento, menos desperdicio")

Día Mundial da Protección da Natureza

Nun momento crítico no que a nosa pegada ecolóxica supera a capacidade do planeta para rexenerar o que se consome, a protección da natureza, convértese nun asunto de prioridade esencial. Debemos tomar as medidas oportunas para construír un futuro baseado no consumo sustentable dos recursos naturais.
O principal obxectivo deste día é crear responsabilidade ambiental xa que é responsabilidade de todos os seres humanos o coidado dos ecosistemas en xeral e da biodiversidade en particular.

Máis información: 
Fundación BiodiversidadeAmbientum

Día Mundial do Aforro de Enerxía

Os obxectivos desta conmemoración son concienciar á sociedade do gasto de enerxía que conlevan as nosas actividades, promover actitudes responsables que nos axuden a aforrar e contribuír a minimizar o noso impacto no  medioambiente.

Aforrar enerxía é unha responsabilidade colectiva e debemos apostar pola produción enerxética sostible e segura que permita a redución das emisións de gases efectos invernadoiro. 

Máis información

Día Mundial contra o Cambio Climático

Esta conmemoración foi instaurada pola ONU co obxectivo de mobilizar e sensibilizar a millóns de persoas de todo o mundo sobre os efectos do cambio climático e o grave perigo que conleva o quecemento global. 

A 24ª Conferencia das Partes (COP24) da Convención das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), celebrada o 23 de setembro de 2019, centrouse en impulsar a acción contra o cambio climático en seis esferas: a transición á enerxía renovable; o financiamento da acción climática e a fixación de prezos do carbono; a redución das emisións da industria; a utilización da natureza como solución; as cidades sostibles e a acción local; e a resistencia ao cambio climático. 

Na Axenda 2030, o Obxectivo 13 (Acción polo clima) ínstanos a adoptar estas e outra medidas para combater o cambio climático e conseguir un futuro seguro e sostible que nos conduza a unha economía verde. 

Máis información:
Nacións Unidas. Acción polo clima
ODS. Obxectivo 13 

Día Mundial da Información sobre Desenvolvemento

Esta conmemoración foi instaurada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 1972. A decisión tomouse para facela coincidir co Día das Nacións Unidas, que é tamén a data na que se aprobou en 1970 a Estratexia Internacional do Desenvolvemento para o Segundo Decenio das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. 
Este Día Mundial pretende chamar a atención da poboación mundial sobre os problemas que xera o desenvolvemento, coa finalidade de favorecer a cooperación internacional e lograr así a súa resolución. Mellorando a difusión da información, Nacións Unidas considera que logrará promover unha acción global que reduza os impactos negativos que causa o desenvolvemento mal xestionado. 

Máis información: 
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento
http://www.un.org/es/events/devinfoday

Axencia Española de Cooperación Internacional

OUTUBRO // 2021

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31