CAST | GAL

Décimo sétima edición (2013-2014)

Participa no II Concurso de Vídeos de Voz Natura!!

 
Como peche da súa 17ª edición, Voz Natura lanza un concurso de vídeos aberto no que os participantes deben mostrar en que consistiu o seu labor ambiental ao longo do período do curso escolar 2013-2014. Os traballos pódense presentar ata o 23 de maio e serán os fans de Voz Natura en Facebook os que decidirán os gañadores cos seus votos. Máis información.

O certame está aberto a todo tipo de propostas e a todas as persoas que o desexen (participen ou non en Voz Natura). Os traballos poderán ser unha montaxe resumen de todas as accións realizadas estes meses, unha gravación dunha actividade puntual, con imaxes ou presentacións de fotografías... Neste sentido, os centros Voz Natura poden elaborar os seus vídeos para o certame ou presentar as gravacións xa realizadas ao longo do curso e que, en moitos casos, están publicadas nos seus blogues.

O sistema de participación é moi sinxelo. Unha vez subido o vídeo a YouTube ou Vimeo hai que entrar na pestana “Concurso de vídeos” da páxina de Facebook de Voz Natura e envialo a través do formulario habilitado para ese efecto (copiando a dirección onde está aloxado o vídeo e enchendo os campos solicitados). A organización do programa revisará que os vídeos se axusten ao contido das bases e publicaraos nesa mesma pestana. Unha vez finalizado o prazo de presentación de vídeos, abrirase un prazo de votacións públicas, e resultará gañador o que máis votos reciba. Poderán votar os fans da páxina en Facebook de Voz Natura, polo que é importante que os candidatos difundan a súa participación para lograr o maior número de votos posible. O autor do vídeo gañador levará un lote de aventura formado por unha bicicleta junior, unha mochila de sendeirismo e unha táboa de bodyboard. Os gañadores recibirán un diploma acreditativo no marco da Festa Fin de Curso de Voz Natura que se celebrará o 7 de xuño do 2014 no parque de Acea de Ama (Culleredo - A Coruña) e recollerán o seu premio nas instalacións de La Voz de Galicia, ao longo do mes de xuño.

Prazos: 
Presentación de vídeos ata o 23 de maio 
Votacións: desde o 23 de maio ata o 4 de xuño

Os menores de 14 anos que desexen presentar un vídeo deben remitir a Voz Natura esta AUTORIZACIÓN asinada polos seus pai ou titores legais.

Consulta aquí as BASES DO CONCURSO