Warning: mysql_fetch_array() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /usr/home/voznatura.es/web/control-panel/includes/mysql.php on line 149 Warning: mysql_free_result() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /usr/home/voznatura.es/web/control-panel/includes/mysql.php on line 150 Warning: mysql_fetch_array() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /usr/home/voznatura.es/web/control-panel/includes/mysql.php on line 149 Warning: mysql_free_result() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /usr/home/voznatura.es/web/control-panel/includes/mysql.php on line 150 CAST | GAL

Décimo cuarta edición (2010-2011)

Warning: mysql_num_rows() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /usr/home/voznatura.es/web/contenido-edicion-anterior.php on line 454

Décimo cuarta edición (2010-2011)

 
Voz Natura desenvolve este curso 2010-2011 a súa décimo cuarta edición, na que a protagonista é a auga. 

Durante este curso escolar, Voz Natura, unha iniciativa de educación ambiental promovida pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, proponse sensibilizar sobre a importancia da auga como fonte de vida. Os centros educativos, escolas taller e asociacións ambientais que forman parte desta nova aventura traballarán todo o curso co obxectivo de protexer este valioso recurso.

Ademais do tema central para o presente curso, a auga, en Voz Natura seguirán tendo cabida outras propostas de acción directa sobre o medio natural galego como a limpeza de ríos e praias, plantacións de árbores, recuperación de zonas degradadas, eliminación de vertedoiros incontrolados ou posta en valor e coidado do patrimonio etnográfico.

272 centros participan no curso 2010-2011

Logo de analizar todos os proxectos ambientais que se presentaron para participar na décimo cuarta edición de Voz Natura, o Comité Científico decidiu aumentar a familia do programa ata 272 centros entre colexios, escolas taller e asociacións.

O Comité Científico destaca a calidade dos proxectos que este curso traballan duro para tratar de concienciar sobre o consumo responsable da auga.

Para realizar esta selección tívose moi en conta que o principal obxectivo dos proxectos fose o de protexer este valioso recurso natural, a auga. Por iso, outorgouse especial relevancia aos traballos que incorporan actividades relativas ao aforro e correcto uso da auga tanto a nivel doméstico como industrial, así como tamén todo tipo de actuacións orientadas á preservación dos ecosistemas fluviais e mariños. Ademais, en Voz Natura seguirán tendo cabida outras propostas de acción directa sobre o medio natural galego.