CAST | GAL

Novena edición (2005-2006)

 
Por primeira vez, este curso se superaron as 200 solicitudes de participación. Delas, 175 convertéronse finalmente en centros Voz Natura, involucrando a 27.500 estudantes.
A loita contra os incendios forestais foi o lei motiv do programa durante esta edición. Na convocatoria de participación, a organización animou especialmente aos colexios e institutos a orientar os seus traballos neste sentido para, entre todos, contribuír a reducir o impacto que os lumes causan nos ecosistemas e axudar na reforestación de terreos queimados. A iniciativa tivo moi boa acollida entre a comunidade escolar: ata 45 proxectos incluíron actividades de acción directa no medio relacionadas coa loita contra os incendios. Ademais, a gran maioría dos participantes achegáronse ao tema a través de actividades de concienciación.

Tamén este curso púxose en marcha unha experiencia piloto para sensibilizar aos estudantes na concienciación dos recursos paisaxísticos. Foi o proxecto Mochilas Verdes, desenvolvido en colaboración con Acquarium Galicia. Grazas a esta iniciativa, un colexio de Lugo e outro de Ourense realizaron traballos de estudo e conservación da natureza que incluíron visitas didácticas a lugares do seu contorno.

Voz Natura contou, nesta novena edición, co patrocinio das consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Caixa Galicia.
 

DESCARGAS

LOGO
CARTEL DA EDICIÓN
BASES
GAÑADORES
CENTROS E PROXECTOS