CAST | GAL

Quinta edición (2001-2002)

 
Para este curso se presentaron 168 proxectos dos que o Comité Científico seleccionou 134. En total, participaron máis de 23.000 escolares das catro provincias galegas. O programa creceu en catorce centros e 4.000 alumnos respecto ao curso pasado.
A quinta edición supuxo a aparición dos proxectos multidisciplinares. E é que os centros educativos xa non se conforman con envorcar o seu traballo sobre unha parcela da educación ambiental, senón que optan por diversificar: un mesmo proxecto pode abarcar limpezas de ecosistemas, reforestacións, coidado do xardín do centro ou, por exemplo, actividades para fomentar a conciencia ecolóxica nas aulas.

Este ano colaboraron con Voz Natura, a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, Caixa Galicia e O Corte Inglés.
 

DESCARGAS

LOGO
BASES
CENTROS E PROXECTOS
GAÑADORES