CAST | GAL

Segunda edición (1998-1999)

 
Voz Natura encara o seu segundo ano de vida co curso escolar 1998-1999. Logo dun primeiro ano de adaptación, o programa comeza a consolidarse entre a comunidade educativa de Galicia espertando xa un gran interese entre os docentes. Proba diso son as 150 solicitudes de participación que chegaron á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre cando se abriu o prazo anotarse nesta segunda edición. Tras estudar minuciosamente todas as propostas, o Comité Científico seleccionou 111 para participar no programa. En total, foron 12.000 escolares das catro provincias galegas.
O arraigamento de Voz Natura sentiuse tamén entre a comunidade política. Ao longo do curso escolar, os colexios participantes recibiron visitas do conselleiro de Medio Ambiente, altos cargos do seu departamento, directivos da Corporación Voz de Galicia e, por suposto, do Comité Científico de Voz Natura.

Nesta edición, o programa contou coa colaboración da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Augas de Cabreiroá e Acquarium Galicia.
 

DESCARGAS

MEMORIA - PREMIO GALICIA 1998-1999
GAÑADORES
CENTROS E PROXECTOS