CAST | GAL

Décimo sexta edición (2012-2013)

 
Promover o aforro enerxético e fomentar o uso das fontes renovables son os obxectivos destacados da 16ª edición de Voz Natura que agora comeza. Co inicio do curso escolar, ponse tamén en marcha os 298 proxectos ambientais que desenvolverán máis de 51.000 alumnos e 3.000 profesores de toda Galicia ao amparo do noso programa.
Voz Natura e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre seleccionaron o tema central deste curso de acordo coa declaración de Nacións Unidas do 2012 como Ano Internacional das Enerxías Sostibles para Todos. Por iso, propomos aos participantes que, xunto con outras accións directas no medio, inclúan nos seus proxectos actividades para concienciar e fomentar o aforro enerxético e actuacións a través das que explorar as vantaxes das fontes de enerxía sostibles.

Xunto a estas actividades, o novo curso estará tamén protagonizado por limpezas de ríos e praias, reforestacións, recuperacións de espazos degradados, reciclaxe actividades de concienciación... Unha infinidade de propostas ecolóxicas grazas ás que a comunidade educativa galega envorcarase coa protección e defensa dos seus ecosistemas.

Recoñecemento ao profesorado
 Un ano máis, a consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, recoñecerá a coordinación do proxecto Voz Natura como unha actividade de innovación educativa co seu correspondente equivalencia como formación permanente do profesorado. Deste xeito, ao final do curso a Consellería expedirá os certificados de participación ao persoal docente de centros mantidos con fondos públicos e dependentes do devandito departamento.
 

16ª edición en imaxes

 
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos
imageneseventos

 

DESCARGAS

BASES
LISTADO DE CENTROS PARTICIPANTES E PROXECTOS
CARTEL