CAST | GAL

O REPORTEIRO

Centros Voz Natura | Aventuras

 

Nesta sección poderedes atopar información diaria e in situ dos proxectos ambientais que se están levando a cabo nos distintos centros participantes. Non cho podes perder, se cadra o noso reporteiro xa visitou o teu colexio ou está preto, mírao no mapa!
AVENTURAS RECENTES

Recuperando o paso do río Arnoia

Recuperando o paso do río Arnoia

Xornada moi especial cos alumnos do CEIP Padre Feijóo de Xunqueira de Ambía, cuxos esforzos durante os últimos 5 anos para recuperar o paso do río polo Camiño Real a Santiago de Compostela deron os seus froitos. Os maiores axudaron aos pequenos a cruzar o paso e todos limparon as marxes do Arnoia. O etnógrafo Elixio Rivas asistiu, aos seus 95 anos, a esta fantástica celebración.

Unha charca como espazo educativo

Unha charca como espazo educativo

Cada vez máis participantes anímanse a crear espazos como esta pequena biocenosis coa súa flora e fauna particular. Son un recurso educativo estupendo e ademais dan vida ao centro. No CPR Vila do Arenteiro do Carballiño hai moitos anos que comezaron con esta iniciativa, animámosvos a que vos unades a ela!

Un punto de referencia na reciclaxe

Un punto de referencia na reciclaxe

O CPR Divina Pastora de Ourense segue sendo un referente ambiental para a cidade. Aquí unha pequena mostra dos seus esforzos na reciclaxe de tapóns e pilas, destas últimas esperan chegar ás dúas toneladas recollidas. Impresionante!

Iniciamos o camiño

Iniciamos o camiño

Comezamos este curso con ganas e entusiasmo, tanto ou máis que outros anos! Ánimo a toda a comunidade educativa, á que sempre acompañamos na defensa do medioambiente galego e que un ano máis nos demostrará o seu compromiso. É fantástico compartir este camiño convosco!

Síguenos en nuestras redes

¡No te pierdas nada!