Voz Natura en acción
CURSO 26-27: CUMPRIMOS 30 ANOS PROTEXENDO O NOSO MEDIO AMBIENTE
Voz Natura chega este curso á súa 30.ª edición con cifras récord: 400 centros educativos e asociacións participantes, con máis de 4.000 docentes guiando a preto de 80.000 nenos e mozos en toda Galicia.
Entre setembro e xuño, cada comunidade educativa desenvolverá un proxecto ambiental propio avaliado e respaldado polo comité científico do programa para garantir a súa viabilidade e rigor científico. Un ano máis, haberá repoboacións forestais e plantacións, invernadoiros e hortas ecolóxicas, limpezas de espazos naturais, protección da biodiversidade, reciclaxe, investigación e campañas de concienciación.
Durante todo o curso, o comité científico visitará cada un dos centros para brindar asesoramento técnico sobre o terreo.
Propostas para todos!
Ao longo desta edición tan especial, lanzaremos iniciativas complementarias deseñadas para enriquecer os proxectos, fomentar a acción e a concienciación e multiplicar o impacto ambiental.
👉 Coñece as actividades e participa aquí!
--------------------------------------------------
Actividades de la edición
- CHARLAS DE PROTECCIÓN DA NATUREZA
A Garda Civil e a Policía Nacional poñen en marcha un novo ciclo de accións formativas e ofrecerán aos centros participantes en Voz Natura charlas gratuítas para concienciar a nenos e mozos sobre a importancia de coidar o medio ambiente.Solicita a túa charla formativa! - ECO-RETOS VOZ NATURA
Co obxecto de visibilizar as vosas accións ambientais, propoñémosvos realizar e compartir os vosos logros de recuperación e defensa da natureza. Animádesvos a participar? - VISITAS E TALLERES NO MUNCYT!
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía volven poñer en marcha o programa de visitas guiadas e talleres educativos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, co obxectivo de achegar a ciencia e o coñecemento científico a toda a sociedade. - Voz Natura busca reporteiros medioambientais!
A web e as nosas Redes Sociais -Facebook, Instagram ou o canal de YouTube de Voz Natura- queren ser escaparates do voso labor ambiental, así que collede o móbil, a cámara de fotos, de vídeo..., gravade o voso traballo e convertédevos en reporteir@s ambientais. Así todo o mundo poderá ver o que facedes para coidar a contorna natural de Galicia e contaxiarase do voso compromiso coa natureza.