Tal día como hoxe, no ano 1809, nacía Charles Robert Darwin en Shrewsbury, localidade inglesa situada a 240 Quilómetros de Londres. Tras o seu paso polas universidades de Edimburgo e Cambridge, Darwin embarcouse durante case cinco anos a bordo do HMS Beagle para realizar unha viaxe ao redor do mundo. Os datos extraídos froito das observacións realizadas nesta viaxe, serviríanlle posteriormente para formular a teoría sobre a selección natural recollida nel orixe das especies, publicado o 24 de novembro de 1859.
Charles Darwin sentou as bases da bioloxía moderna nesta obra coa que revolucionou a esfera académica ao rebater outras teorías vixentes como o creacionismo.