PATROCINADORES
alianzas que fan posible o programa
Entidades colaboradoras
- Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e VivendaIninterrumpidamente, desde 1997, este departamento autonómico presta a súa máxima colaboración ao programa apoiando e impulsando diversas iniciativas para fomentar a sensibilidade ambiental e a educación ecolóxica en Galicia. - Deputación da Coruña
Esta administración local desempeña un papel fundamental na promoción da concienciación ambiental individual e colectiva. Dentro das súas accións encamiñadas a protexer a natureza e promover a concienciación ambiental individual e colectiva, apostan, desde 1997, pola educación ambiental desde a infancia. - Alcoa Foundation
No 2013 nace Naturacción, un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación. A Fundación Alcoa únese así ao noso programa educativo co obxectivo de atender as especificidades ambientais da zona da Mariña Lucense e a súa contorna. - El Corte Inglés
A Responsabilidade Social Corporativa do Corte Inglés é parte da súa estratexia de xestión, un factor de competitividade e un elemento fundamental na política que mantén desde as súas orixes. Traballan para conseguir un planeta máis sostible e un futuro mellor para todos e seguir avanzando na súa vinculación coa sociedade e a contorna. - Fundación Ramón Areces
Os seus obxectivos fundamentais son o impulso da investigación, a formación de excelencia e a difusión do coñecemento. Presta especial apoio a iniciativas relacionadas directamente co desenvolvemento sostible, a preservación do medioambiente e proxectos científicos que contribúan a mellorar o benestar social. - Inditex
É unha compañía global comprometida coa xeración dun impacto positivo nas comunidades nas que está presente. Como patrocinadora de Voz Natura, comparte o obxectivo de fomentar a sustentabilidade e a conciencia ambiental a través da educación. O seu modelo de negocio, adaptable a distintos contornos, xunto coa súa presenza internacional, a súa aposta pola innovación tecnolóxica e unha ampla proposta de moda, reforzan a súa capacidade para promover un desenvolvemento máis responsable e sostible.