CAST | GAL
Voz Natura é posible grazas ao apoio de diversas entidades públicas e privadas que, co seu apoio económico e loxístico, contribúen a que os traballos ambientais dos centros educativos se convirtan en realidade. Son os nosos patrocinadores.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Ininterrumpidamente, desde 1997, este departamento autonómico presta a súa máxima colaboración ao programa. Os seus distintos responsables mostraron unha gran sensibilidade ambiental apoiando e impulsando diversas iniciativas conxuntas coa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para fomentar a educación ecolóxica en Galicia.


Visita a súa web

Deputación da Coruña

Dentro das súas accións encamiñadas a protexer a natureza, este órgano provincial aposta pola educación ambiental desde a infancia a través do programa Voz Natura. O seu patrocinio foi unha constante e determinante ao longo da historia desta iniciativa da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.


Visita a súa web

Alcoa Foundation

No 2014 nace Naturacción, un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación. A Fundación Alcoa únese así ao noso programa educativo co obxectivo de atender as especificidades ambientais da zona da Mariña Lucense e a súa contorna.

El Corte Inlgés

O Grupo O Corte Inglés é a maior cadea de grandes almacéns en Europa e un referente do comercio en España. O Grupo sustenta a súa relación co cliente en cinco principios básicos: calidade, fornecido, especialización, servizo e garantía. Ademais, mantén desde as súas orixes unha política de compromiso coa sociedade que se plasma nas numerosas actividades culturais, educativas, ambientais, sociais e deportivas nas que participa.

Fundación Ramón Areces

A Fundación Ramón Areces, que ten como obxectivos fundamentais o impulso da investigación, a formación de excelencia e a difusión do coñecemento, presta unha especial apoio a iniciativas relacionadas directamente co desenvolvemento sostenible e a preservación do medioambiente, como é este programa, e financia proxectos científicos neste ámbito que contribúan a mellorar o benestar social.


Visita a súa web