CAST | GAL
 

PRESENTA O TEU PROXECTO PARA O CURSO 20-21


Se queres que o teu colexio, instituto ou asociación forme parte da comunidade Voz Natura durante o próximo curso 20-21 é momento de dar un paso adiante. Ata o 15 de marzo está aberto o prazo para presentar o proxecto ambiental que vos gustaría desenvolver. Facelo é moi sinxelo. Tan só tedes que cubrir e enviar o formulario que tedes nesta mesma páxina contándonos que é o que queredes facer (¡non esquezades ler as bases primeiro!). Despois, o noso comité científico revisará todas as propostas e, a finais de xuño, publicaremos a lista de admitidos que contarán, ademais, cunha axuda económica de Voz Natura para desenvolver os traballos.

Podedes presentar todo tipo de proxectos ambientais, preferiblemente, os que implican accións directas na contorna aínda que tamén actividades de concienciación. Para o curso 20-21, 24.ª edición, Voz Natura proponvos que incorporedes tamén algunha actividade relacionada co noso tema destacado: a protección e recuperación da contorna natural do Camiño de Santiago. Animámosvos a realizar traballos nos ecosistemas ou no patrimonio etnográfico e a promover a concienciación da comunidade educativa, os veciños e os peregrinos sobre a necesidade de preservar o Camiño. Voz Natura invita tamén a participar aos centros educativos e asociacións que non se atopen en zona de paso do Camiño abrindo o foco a temas como o coidado e a potenciación das diferentes rutas de sendeirismo da súa zona ou, incluso, propondo a creación doutras novas. Tamén, con traballos que aborden o turismo desde unha perspectiva ecolóxica e favorezan a investigación e o coñecemento dos tesouros de Galicia. 

¡Esperamos os vosos proxectos!




 

RECURSOS

BASES