CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Volver

 

ECO-RETOS Voz Natura


Co obxecto de visibilizar as vosas accións ambientais, propoñémosvos realizar e compartir os vosos logros de recuperación e defensa da natureza. 

Animádesvos a participar?

 

VOZ NATURA E O MUNCYT CELEBRAN DEZ ANOS DE CIENCIA

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía activan, por décimo ano consecutivo, o programa de visitas guiadas e talleres educativos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ( Muncyt) da Coruña, para os centros participantes na actual edición Voz Natura.

 

Voz Natura busca reporteiros medioambientais!

A web, a páxina de Facebook ou o canal de YouTube de Voz Natura queren ser escaparates do voso labor ambiental, así que collede o móbil, a cámara de fotos, de vídeo..., gravade o voso traballo e convertédevos en reporteir@s ambientais. Así todo o mundo poderá ver o que facedes para coidar a contorna natural de Galicia e contaxiarase do voso compromiso coa natureza.