ECO-RETOS VOZ NATURA
Animámosvos a seguir realizando actividades ambientais para promover a acción e a concienciación ambiental.
Como?
Mostrando en redes sociais o que estades a facer para protexer o medio ambiente... Que é moito!
Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental no cole, en casa, con amigos, etc.
Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades!
No mes de decembro, o reto é: reutilizamos para reducir os residuos, aforrar materias primas e conservar o medioambiente. Hashtag: #RetoReutilizamos.
É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ás vosas redes sociais, ao longo do mes de novembro, debedes engadir: #AccionVozNatura #RetoInvestigamos (ademais de etiquetarnos con: @voznatura).
E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da presente 27.ª edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:
◦ Xaneiro: Divulgamos. #RetoDivulgamos
◦ Febreiro: Aforramos Enerxía. #RetoAforramos
◦ Marzo: Plantamos. #RetoPlantamos
- Abril: Concienciamos (ideas para protexer a Terra). #RetoConcienciamos
◦ Maio: Reciclamos. #RetoReciclamos
◦ Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados). #RetoPresumimos
Comparte os teus logros ambientais!