CHARLAS DE PROTECCIÓN DA NATUREZA
Durante o curso 2025-2026, tanto os centros educativos como as AMPAS poderán solicitar estas charlas, que serán impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Os 385 centros educativos e asociacións que forman parte de Voz Natura poderán recibir a visita dun axente da Garda Civil ou da Policía Nacional (segundo a zona na que se atopen). Nestas sesións, os axentes falarán sobre:
- O respecto pola natureza e o seu papel na vida do ser humano.
- Como previr os incendios.
- Consellos prácticos sobre coidado ambiental.
Ademais, resolverán dúbidas e curiosidades que poidan ter os estudantes.
A actividade está dirixida a todos os niveis educativos, xa que os contidos adáptanse á idade dos participantes.
Procedemento de solicitude
1.-Descargar e cumprimentar o formulario correspondente (marcar cunha X a opción Protección da Natureza):
Modelo de solicitude para Centros Educativos
Modelo de solicitude para AMPAS
2.-Enviar o formulario por correo electrónico ás tres direccións indicadas NESTE DOCUMENTO. Segundo o municipio, as charlas serán impartidas pola Garda Civil ou pola Policía Nacional.
Esta acción enmárcase no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Consellería de Educación. Este plan ofrece aos centros educativos e ás AMPAS-AFAS a posibilidade de solicitar charlas informativas sobre distintas temáticas como acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero ou protección da natureza impartidas polas forzas e corpos de seguridade do Estado.
👉 Más información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/plandirector





