CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Actividades   |   Voz Natura en acción

 

ECO-RETOS VOZ NATURA


🌱 Súmate ao reto polo planeta! 🌎

Animámosvos a seguir actuando polo medio ambiente e a compartir as vosas iniciativas para inspirar a máis persoas a coidar da nosa contorna.

Como podedes participar?
Mostrade en redes sociais todo o que facedes para protexer o planeta… porque estades a facer moito! 💪

Cada mes lanzaremos un eco-reto, con propostas para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental: no cole, en casa, con amigos ou na vosa comunidade.

📸 Cando completedes o reto, facede unha foto ou un vídeo curto (menos dun minuto) e compartídeo en Facebook ou Instagram con estes hashtags:👉 #AccionVozNatura e o hashtag mensual. Non esquezades etiquetarnos con @voznatura, así poderemos ver e compartir as vosas accións! 🌿

💡 No mes de abril, o reto é: Concienciación climática. Concienciamos sobre as consecuencias do cambio climático para sensibilizar e fomentar a acción cidadá, protexer os recursos naturais de xeito responsable e coidar o planeta. #RetoConcienciamos

Por tanto, en todas as vosas publicacións deste mes engadide: #AccionVozNatura#RetoConcienciamos e @voznatura.

E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da 29.ª edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:
 
◦ Mayo: Preservamos. #RetoPreservamos (ríos, montes, praias, biodiversidade, hábitats…) 
◦ Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos  resultados).  #RetoPresumimos.

Comparte os teus logros ambientais para inspirar e mostrar que cada acción conta para coidar o noso planeta! 🌍✨