CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Actividades   |   Voz Natura en acción

 

Participa na creación do Decálogo Voz Natura contra a crise climática!


Queremos construír, entre todos, un Decálogo Voz Natura contra a crise climática, un documento colectivo que sirva de inspiración e guía para transformar hábitos e promover boas prácticas ambientais no noso día a día.

Como?
Moi sinxelo: completando este DECÁLOGO achegando ideas, consellos, trucos ou propostas para coidar o planeta e frear a crise climática.

Por que participar?
Porque cada achega conta. Queremos que este decálogo leve a túa pegada e reflicta a creatividade, o compromiso e a experiencia da comunidade Voz Natura. Converterase nunha ferramenta dinámica que impulse a acción colectiva, lémbrenos que un futuro sostible depende do que fagamos hoxe e que sexa unha fonte de inspiración para mover á acción.

Apúntasche?
Envía a túa proposta e forma parte desta iniciativa. 

Xuntos podemos xerar un impacto real e facer que este decálogo colectivo convértase nunha poderosa motivación para actuar!