VISITAS E TALLERES NO MUNCYT!
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), activan a 14.ª edición do acordo de visitas guiadas e talleres educativos ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña ofrecendo actividades enfocadas ao coñecemento científico para protexer o medio ambiente e adaptadas aos distintos grupos de idade que realicen unha reserva.
Na presente edición de Voz Natura na que destacamos a importancia de tomar conciencia sobre a crise climática actual e queremos promover accións que contribúan á súa mitigación, o MUNCYT ofrece aos participantes experimentos e actividades que lles axudarán a descubrir como o cambio climático afecta os ecosistemas e aos seres vivos, e tamén coñecerán algunhas das innovacións tecnolóxicas que buscan mellorar esta situación.
Talleres educativos que se poden reservar:
Taller “Desxeo: coidado que nos derretimos”. (Educación infantil): a través de experiencias sinxelas, mostrarase aos participantes como modificacións no nivel do mar afectan as condicións de vida dos seres vivos e a relacionar o aumento de temperatura do planeta con aumento do nivel do mar ou valorar cales son as actividades da vida diaria máis sostibles e menos sostibles.
Taller “Alianza polo clima: a pegada de carbono”. (1º-2º Primaria): por medio dun experimento con CO2 e a estimación da pegada de carbono, o alumnado poderá comprender a orixe antropogénico do CO2 e os seus efectos no medio natural, así como recoñecer as principais medidas para calcular a cantidade de gases de efecto invernadoiro de maneira individual e colectiva. Reflexionarán sobre as principais medidas de actuación para mitigar a xeración e emisión de gases de efecto invernadoiro.
Taller “Acidificación dos océanos”. (3º-6º Primaria): actividades orientadas a dar a concienciar sobre os problemas que xera a absorción de CO2 por parte dos océanos. Por medio de distintos experimentos, o alumnado poderá aprender sobre as condicións do medio, e as consecuencias para os seres vivos que os habitan. Tamén se tratará a biodiversidade dos nosos mares e océanos para crear conciencia proteccionista e de conservación entre os participantes.
Taller “Tecnoloxía polo clima” (1º-2º Secundaria): a través de distintas actividades relacionadas coa redución do consumo enerxético ou as alternativas na xeración de enerxía, cun enfoque sostible e biomimético, inspirado na propia natureza, os participantes contarán con novas ferramentas para tomar conciencia e coñecer avances tecnolóxicos destinado a mellorar a situación climática.
Taller “Árbores urbanas para loitar contra a crise climática: A importancia da fotosíntesis”. (3º-4º Secundaria – Bacharelato - Formación Profesional): A fotosíntesis é un proceso crave para loitar contra o cambio climático, xa que as plantas absorben CO2 e producen osíxeno. Con todo, o cambio climático afecta negativamente á fotosíntesis: as altas temperaturas poden inhibila. A través de experimentos e observacións, os participantes coñecerán cales poden ser os problemas para que non se realice a fotosíntesis de maneira adecuada.
Fai o teu reserva e goza da ciencia!
Todos aqueles centros interesados en sumarse ao programa de visitas gratuítas do MUNCYT poden solicitalo, desde agora, contactando co museo a través da dirección de correo electrónico reservascor@muncyt.es especificando que participan na actual edición de Voz Natura.
As visitas pódense reservar, ata o próximo mes de xuño, de martes a venres en varios horarios (de 10:00 a 17:00 horas). Están deseñadas para grupos de ata cincuenta persoas e terán unha duración aproximada de hora e media. O Muncyt dispón dunha zona para comidas de grupos que tamén se pode reservar.
Durante as visitas, os grupos irán acompañados polos seus educadores e o equipo de divulgadores será o encargado de guialos por un percorrido no que irán descubrindo cada exposición a través dunha serie de actividades adaptados á temática elixida e ás distintas etapas educativas.





