CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

O Tobío Peregrino alegra a vida escolar en Viveiro.


A pregunta é: ten algo que ver o  Entroido co Camiño de Santiago e con Voz Natura? A resposta está no CEP Lois Tobío, de Viveiro que creou o Tobío Peregrino e disfrazou aos seus alumnos de camiñantes cara a Compostela. «Todos, e  coa  axuda dous  pais, que botaron  unha  man  dende  as casas», di a profesora Conchi Seara, responsable de Voz Natura nese centro de 320 alumnos, en números redondos. Iso si, houbo condicións: adeus aos plásticos, benvidos a tea e o cartón.

No seu caso céntranse sempre no  Camiño  do Mar, un roteiro non recoñecido oficialmente que pasaría pola súa localidade, e que desde Ribadeo marcharía por toda a costa lucense e, claro, parte da coruñesa.

Pero no CEP Lois Tobío non descansan e xa preparan o Día de Rosalía. Ou sexa, pasadomañá. Celebrarano con poemas escritos por ela que teñan algunha referencia ao Camiño de Santiago. E así, os alumnos do segundo ciclo farán representacións teatrais, con cantares e recitacións deses versos.

O debuxo non queda excluído tampouco nas actividades que se desenvolven baixo o paraugas de Voz Natura, e mentres os de 1º e 2º elaboran uns adhesivos sobre o Camiño, os de 3º e 4º están a traballar nuns grandes carteis onde figurarán os principais enclaves dese Camiño do Mar, ao mesmo tempo que os do terceiro ciclo son os responsables dun tríptico cos monumentos e sitios destacados do roteiro.

Non contentos con iso, o desafío para marzo é poñer o horto en funcionamento. Esta todo disposto, pero o inverno aínda non o permite. Podería pensarse que iso é todo -e non é pouco!- o que se fai no Lois Tobío, centro  incluído en  Naturacción, un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San  Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación.relacionado 

Conchi Seara non perde a esperanza -e nótaselle a ilusión na voz- de poder « saír e  camiñar  máis  adiante, #podar». Mentres tanto, cada curso traballa na aula cun tramo do Camiño do Mar, e todo iso quedará reflectido nun enorme papel continuo. Que agora está branco, pero que ao acabar o curso será, sen dúbida, unha pequena obra de arte.