Non máis incendios forestais!
Os alumnos de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives en Ourense, preocupados polos incendios incontrolados do pasado verán realizaron un vídeo que reflicte a tristeza da xente e a dor da terra.
O seu proxecto ambiental da presente edición Voz Natura, que inclúe actividades diversas como limpezas de ríos, coñecemento e protección da fauna e flora, coidado do patrimonio etnográfico e tamén un club de ciencias, céntrase especialmente no coidado dos montes que nos rodean e na concienciación da sociedade para protexer a nosa contorna.






