CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

Voz Natura: trinta anos de avances en educación ambiental


Pasado, presente e futuro. Esa é a reflexión que se impón co Día Mundial da Educación Ambiental ás portas: terá lugar o próximo día 26. E imponse facela desde Voz Natura, porque este programa naceu hai xa vinte e nove anos precisamente con ese obxectivo: educar e concienciar á comunidade escolar de Galicia (e por extensión ao resto a sociedade) na recuperación e defensa da natureza. Un programa que é unha iniciativa do xornal La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que conta co apoio e respaldo da Xunta, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.

En resumo, avanzamos? Estamos peor ou estamos mellor desde ese punto de vista xenérico? Membros do comité científico de Voz Natura reflexionan sobre iso. O primeiro, José Antonio Díaz Núñez: «Voz Natura descubriu unha experiencia ilusionante e esperanzadora. Era a primeira vez que un medio de comunicación, tan importante como A Voz, trataba de dar un empuxón á educación ambiental que empezaba a asomar durante aqueles anos, cun proxecto innovador e moi necesario para nosa verde Galicia. Na actualidade, segue existindo esa necesidade, e o proxecto segue cultivando éxitos e demandando aos políticos un esforzo máis decidido e real. 

Moncho Núñez —cuxa xestión na creación e xestión diaria dos museos científicos coruñeses é simplemente inesquecible— engade que «se trato de comparar a situación actual coa de fai trinta anos quizais o que me resulta máis alcanzable é buscar referencias na cultura ambiental que manifesta a nosa sociedade. E se nos fixamos nos coñecementos, as actitudes e as condutas da maioría, creo sinceramente que avanzamos de maneira notable».

O futuro
 Alejandro Díaz, o portavoz do comité científico, cre que «está en boas mans e cada vez máis centros escolares apóianse en Voz Natura como proxecto curricular, demostrando que a educación ambiental é transversal». Ou sexa, que a través dela pódese traballar todo tipo de contidos, competencias e valores, e permite a docentes e discentes relacionarse coa súa contorna máis próxima, coidando a natureza e promovendo o aprendizaxe-servizo.

Moncho Núñez insiste en que agora «as persoas coñecen mellor os problemas e os riscos, están máis sensibilizadas e activas». E pon como exemplo «a repercusión de iniciativas como Altri, a resposta á separación de residuos urbanos en contedores ou a presenza de mozas que vemos limpando a contorna».

O reto
«É manter o rigor nos proxectos, a motivación do alumnado e que todos os axentes sociais e educativos vaiamos na mesma dirección, dándolle o valor fundamental que ten, e debe ter, a educación ambiental» engade Alejandro Díaz. E, pola súa banda, Moncho Núñez quere acabar lembrando «a acción educativa de maior impacto en Galicia, o programa Voz Natura, que cada ano mobiliza a miles de estudantes en actuacións comprometidas coa contorna». E se hai mozos hai futuro. Iso si, tamén hai moito traballo por diante.