CAST | GAL
 
Voz Natura: ¡comeza un novo curso!

Día oficial de comienzo do curso escolar. Miles de alumnos galegos e os seus educadores  comezan a desenvolver e levar a cabo os seus proxectos medioambientales Voz Natura. 

Máis información

Actualidade Voz Natura

Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono

En 1994, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu conmemorar cada 16 de setembro o Día Mundial para a Preservación da Capa de Ozono. A data recorda o día en que, en 1987, se asinou o Protocolo de Montreal, o primeiro gran acordo mundial sobre un tema ambiental polo que os países implicados se comprometían a reducir á metade a produción de gases nocivos para o ozono nun prazo de dez anos.
O obxectivo desta efeméride é sensibilizar á opinión pública sobre un dos asuntos máis relevantes na axenda ecolóxica do planeta. En 1985, o descubrimento do “buraco da capa de ozono” fixo saltar todas as alarmas. Moitos anos antes, comezara a produción e o uso masivo de gases como os CFC, que actúan directamente contra o ozono, deixando á Terra desprovista da súa protección contra as radiacións ultravioletas.
A comunidade internacional foi rápida e efectiva: entre 1988 e 1996, conseguiuse reducir nun 80 por cento a produción de CFC e outros gases agresivos co ozono.

Máis información: 
Tecnozono

Día Mundial Sen Coches

Coa celebración do Día Mundial sen coches culmina a Semana Europea da Movilidade.
Aínda que foi nos últimos anos cando esta cita cobrou maior protagonismo, as súas orixes remóntanse aos anos setenta. En 1974, diversos gobernos tiveron a idea de celebrar un Día sen Coches, ante a crise enerxética que sufrían. A mediados dos oitenta, foron os ecoloxistas os que recuperaron a idea e, a mediados dos noventa, xurdiron novas iniciativas enfocadas xa ás xornadas de máis tráfico: os días laborables.
A partir do ano 2000, a Comisión Europea apoia o día A cidade, sen o meu coche, o 22 de setembro, coa colaboración dos gobernos de cada país e, por suposto, das institucións municipais que secundan a proposta organizando diversos actos para concienciar aos seus veciños.

Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos

O 29 de setembro do 2020 o mundo celebra por primeira vez o Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas que recoñeceu o papel fundamental que desempeña a produción sostible de alimentos na promoción da seguridade alimentaria e a nutrición. 

A pandemia mundial de COVID-19, provocou un espertar mundial sobre a necesidade de transformar e  reequilibrar a forma en que se producen e consomen os nosos alimentos. Cando se perden ou desperdician, todos os recursos que se utilizan para producir alimentos, incluídos a auga, a terra, a enerxía, a man de obra e o capital, son malgastados. Ademais, a eliminación destes alimentos en entulleiras xera emisións de gases de efecto invernadoiro que contribúen ao cambio climático.

Este novo Día Internacional enfróntase a moitos desafíos para alcanzar metas de "Consumo e produción responsables" que contribuirán á loita contra a fame Cero e o Cambio climático.Reducir a perda e o desperdicio de alimentos require a atención e as accións de todos, desde os produtores de alimentos ata as partes interesadas da cadea de subministración de alimentos, as industrias alimentarias, os comerciantes polo miúdo e os consumidores.

Consellos para reducir o desperdicio de alimentos
Máis info (FAO)
Máis info (Naciones Unidas)

Día Marítimo Mundial

Esta conmemoración foi establecida polo Consello de Administración da Organización Marítima Mundial (OMI). Celebrouse por primeira vez en 1978, cando entrou en vigor a Convención da Organización Consultiva Marítima Intergobernamental (OCMI).
En xeral, a xornada pretende chamar a atención sobre a seguridade e eficiencia das operacións marítimas internacionais e sobre a necesidade de previr a contaminación mariña. Outro dos obxectivos é avaliar a situación actual relacionada co quentamento global do planeta e a elevación do nivel do mar que se prevé orixine. 

A celebración  permite facer balance e mirar cara atrás, pero tamén penetrarse no futuro, abordando os retos actuais e futuros do transporte marítimo internacional. Desta forma, realízase unha contribución continua cara a un crecemento sustentable para todos.

SETEMBRO // 2020

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30