Día Internacional da Protección dos Animais
O 4 de outubro, festividade de San Francisco de Asís , celébrase en todo o mundo unha xornada dedicada aos animais. Esta conmemoración fai un chamamento á defensa destes seres, que non sempre reciben o trato máis axeitado por parte dos seres humanos.A experimentación, as granxas e matadoiros, a utilización de animais en espectáculos, para a industria peleteira ou para investigación deberían facernos reflexionar. Por desgraza, non podemos esquecer os macabros episodios de malos tratos dos animais domésticos. Entre todos, debemos protexer e defender aos animais.
Máis información en: Igualdade Animal