CAST | GAL

COMITÉ CIENTÍFICO

CON TODO O RIGOR

 
O Comité Científico —composto por destacadas personalidades do mundo da ciencia, a educación e a comunicación— ten tres cometidos principais:  velar polo rigor, a exhaustividad do programa e a súa responsabilidade ambiental; seleccionar os proxectos admitidos de acordo co seu nivel técnico; e visitar os centros educativos participantes durante o curso para ver a evolución de cada actividade e asesorar durante o seu desenvolvemento. 

Con estas avaliacións en primeira persoa —e tras estudar as memorias finais nas que os participantes explican a súa actuación—, o Comité é o encargado de seleccionar aos centros gañadores da edición vixente.

 

MEMBROS DO COMITÉ

Ramón Núñez Centella

A Coruña, 1946
Ramón Núñez Centella

Licenciado en Ciencias (USC) e Master of Arts en Didáctica das Ciencias (New York University). Dirixiu os Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.
Participou no deseño de varios centros científicos en España e en iniciativas para a renovación do ensino e a divulgación científica. Colaborador de  publicacións e membro da Asociación Española de Xornalismo Científico, da New York Academy of Sciences e da Royal Institution. En 1992 recibiu o Premio Nacional de Xornalismo Científico do CSIC.

José Antonio Díaz Núñez

Pontecesures, 1943
José Antonio Díaz Núñez

Micólogo e experto en educación ambiental. Socio fundador da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da Coruña, onde colabora como divulgador científico e asesor dun servizo de identificación micolóxica. Socio fundador y presidente do Grupo Micolóxico Galego. Desde o ano 1989 participa nas campañas de herborización do proxecto Flora Micolóxica Ibérica, do CSIC-Xardín Botánico de Madrid. Desde o ano 1997 ao 2014, traballou na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, da Corporación Voz de Galicia, en calidade de asesor ambiental do Programa Voz Natura.

Antonio Prunell Tudurí

Xirona, 1941
Antonio Prunell Tudurí

Biólogo e divulgador científico. Autor do libro Árboles de Galicia, ademais de diferentes guías botánicas de divulgación. É socio fundador do Grupo Micolóxico Galego e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da Coruña, onde colaborou como divulgador científico e asesor do servizo de identificación botánica. Participa, desde 1989, nas campañas de herborización do proxecto Flora Micolóxica Ibérica, do CSIC-Xardín Botánico de Madrid. Deseñou e construíu o xardín botánico do Aquarium Finisterrae, do que é conservador.

Marcos Pérez Maldonado

Vigo, 1970
Marcos Pérez Maldonado

Licenciado en Física pola Universidade de Santiago e Diploma de Estudos Avanzados (área Didáctica de Ciencias Experimentais) pola UDC. En 1997 ocupa o cargo de director técnico da Casa das Ciencias da Coruña e responsabilízase da creación de exposicións, programas de planetario, documentais científicos e materiais didácticos. Desde o 2017 dirixe a rede de Museos Científicos Coruñeses, que inclúe tamén a Domus e o Aquarium Finisterrae. Como divulgador científico, mantén colaboracións habituais en diversos medios de comunicación.

Marisa Castro Cerceda

Lugo, 1955
Marisa Castro Cerceda

Doutora en Ciencias Biolóxicas (USC). Profesora na Facultade de Bioloxía (Universidade de Vigo) desde 1990 e investigadora en proxectos de micoloxía. Dirixiu varias teses de licenciatura e doutorais e é autora de máis de cen publicacións científicas nacionais e internacionais e de estudos sobre cogomelos, árbores e algas de Galicia, entre outros. Socia fundadora de Sociedade Galega de Historia Natural, do Grupo Micolóxico Galego (presidenta 1997-2006, actualmente presidenta de honra) e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Elvira Sahuquillo

Vigo, 1962
Elvira Sahuquillo

Doutora en Bioloxía pola USC e Profesora Titular da UDC desde 1999. Desenvolve a súa investigación no estudo da diversidade vexetal e o seu papel no funcionamento dos ecosistemas. Dirixiu tres teses doutorais e publica, asiduamente, en revistas nacionais e internacionais. É membro, entre outras, da Real Sociedade Española de Historia Natural e da Sociedade Española de  Briología. Colabora co Real Xardín Botánico de Madrid-CSIC no proxecto Flora  Iberica e é autora do libro Guía das  Orquídeas de Galicia, entre outros.

Alejandro Díaz Sueiro

A Coruña, 1987
Alejandro Díaz Sueiro

É o voceiro do Comité Científico de Voz Natura. Diplomado en magisterio de educación primaria pola Universidade da Coruña e membro do Grupo Micolóxico Galego. Máster en xestión de proxectos medioambientales do CUE. Na actualidade traballa na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, da Corporación Voz de Galicia, en calidade de asesor medioambiental do Programa Voz Natura.