CURSO DE FORMACIÓN PARA DOCENTES: “DESENVOLVEMENTO E DIVULGACIÓN DE PROXECTOS AMBIENTAIS"
Voz Natura pon en marcha un novo curso para profesores, no que os docentes serán formados en cuestións relacionadas co desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais. As clases impartiranse os días 3, 4, 10 e 11 de decembro na Coruña, e serán totalmente gratuítas e homologables pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional @de la Xunta de Galicia.
Nesta iniciativa poderán inscribirse docentes de centros educativos que estean a participar actualmente en Voz Natura. O seminario terá unha duración total de dez horas, en horario de 18.00 a 20.30 horas, e será impartido por Susana Vázquez Martínez, educadora e doutora en Didáctica das Ciencias, formadora de profesores e coordinadora dos blogues do programa Voz Natura.
Ao longo de catro sesións, os asistentes ao curso poderán aprender a deseñar, xestionar e divulgar un proxecto ambiental, achegándose ás ferramentas existentes para planificar actividades e recursos, ou traballos nas redes sociais e na comunidade educativa. Ademais, recibirán formación para a elaboración dunha memoria final na que plasmarán todo o aprendido.
As clases, que serán participativas e eminentemente prácticas, serán impartidas nas instalacións da Rede de Aulas CeMIT en Coruña, situadas no Centro Cívico de Eirís (Rúa Terranova de Eirís, 7).
Os docentes interesados en asistir a este curso poden inscribirse enviando un correo electrónico a voznatura@lavoz.es, no que deben achegar os seus datos persoais (nome e apelidos, DNI, correo electrónico de contacto e teléfono) e o centro educativo ao que pertencen. O prazo máximo de recepción de solicitudes o próximo 30 de novembro.