CAST | GAL

O REPORTEIRO

Centros Voz Natura | Aventuras

 

Nesta sección poderedes atopar información diaria e in situ dos proxectos ambientais que se están levando a cabo nos distintos centros participantes. Non cho podes perder, se cadra o noso reporteiro xa visitou o teu colexio ou está preto, mírao no mapa!
AVENTURAS RECENTES

Unha charla no IES de Sar

Unha charla no IES de Sar

Ao amparo das súas xornadas sobre ciencia, o IES de Sar convidounos a participar nunha distendida charla sobre o noso programa, Voz Natura, con alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato.

Construindo bancales

Construindo bancales

En Aspanaes Ferrol son os propios alumnos os que construíron os bancales do seu invernadoiro. Agora poden traballar con maior comodidade e limpeza, delimitando os cultivos. Parabéns polo traballo realizado!

O círculo do CEE Terra de Ferrol

O círculo do CEE Terra de Ferrol

Os alimentos que plantan no invernadoiro da CEE Terra de Ferrol crecen dunha maneira espectacular, non só polos coidados e o agarimo dos seus alumnos, senón tamén polo estupendo compost que eles mesmo crean. Este axúdase do vermicompost e do estiércol das súas galiñas. Todo isto pecha o círculo da súa produción. E ademais teñen o seu propio viveiro de árbores e plantas aromáticas!

Biodiversidade nos ríos

Biodiversidade nos ríos

O CEIP Vista Alegre de Burela xa ten lista a súa exposición sobre a biodiversidade nos ríos. Cada clase encargouse dunha planta e un animal que habita preto destes ecosistemas. Decoraron a porta de cada aula e plasmaron as súas investigacións nos códigos QR de cada imaxe.

Coidando os ecosistemas

Coidando os ecosistemas

No CEIP Lois Tobío de Viveiro aprenden a coidar dos diferentes ecosistemas a través destas estupendas exposicións. Máquetas, pósteres e diferentes herbarios engalanan as paredes do centro, así todos o alumnado ten a oportunidade de achegarse a aprender.

Visita á feira

Visita á feira

Os alumnos e alumnas do CEIP Palas de Rei encárganse persoalmente de recoller as plantas na feira antes de levalas ao seu invernadoiro. É unha experiencia marabillosa que se está convertendo en costume. Non temos máis que palabras de agradecemento ao persoal do mercado pola súa colaboración!

Poñendo en marcha o composteiro

Poñendo en marcha o composteiro

Os nosos amigos de Revitaliza seguen facendo un traballo estupendo nos centros da provincia de Pontevedra. Neste caso, o CEIP da Torre Cela recibiu a visita dos mestres composteitos. En palabras de Chelo, a coordinadora do proxecto: "recibimos instrucións para a súa utilización, para solventar problemas básicos e sobre todo concienciarnos ecoloxicamente. Estamos en marcha!".

Das sementeiras á horta

Das sementeiras á horta

Así pasan no CEIP de Marcón os seus sementeiros de fabas á horta. Seguir todo o proceso permite traballar na aula previamente e evitar así un parón polas inclemencias do tempo. Unha vez achégase a primavera vemos como todos os nosos centros apresúranse a plantar, xa está cerca a mellor tempada do ano!

Protexendo o noso planeta

Non vos perdades esta marabillosa canción do CEIP Vendas da Barreira!

Unidos pola horta

Unidos pola horta

O CEIP do Foxo e a Asociación Menais son dous participantes de Voz Natura unidos a través do horto escolar. Unha das nosas maiores alegrías é ver como as colaboracións xorden dentro do programa. Hoxe toca plantar leitugas, fresas e allos!

Mercado de entroido

Mercado de entroido

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO do CPI de Cervantes realizaron un mercado de entroido dentro do seu proxecto sobre o consumo excesivo que realizamos de xoguetes, libros e roupa. A idea é darlle unha segunda vida ás cousas que adoitamos tirar! Un estupendo traballo de concienciación.

Día de Rosalía

Día de Rosalía

No día de Rosalía os alumnos e mestres do CEIP San Clemente de Cesar en Caldas de Reis recibiron unha visita moi especial. A propia Rosalía de Castro visitou o centro para dirixir unhas verbas ao alumnado e ao claustro nas que agradecía que se conmemorase o seu día pero sobre todo animaba ao alumnado e aos mestres a falar galego e a coidar o idioma para que non se perda no tempo, algo que ela quixo facer a través da súa obra. Despois das verbas de Rosalía, plantáronse no xardín do centro nove camelias, unha por cada titoría. Ao remate do acto, Rosalía animou á rapazada a coidar o idioma tanto coma van coidar as camelias para que así poida medrar forte e san.

Plantando bulbos

Plantando bulbos

As xardineiras de madeira son un elemento moi cómodo para facer as plantacións, permiten traballar a unha altura elevada do chan e delimitan os espazos, o que resulta moi cómodo para os alumnos. Aquí vemos os bulbos do CEIP Vista Alegre de Burela volvendo brotar. Ademais actualizaron os seus cultivos de invernadoiro con tirabeques, leitugas e amorodos.

Experimentando

Experimentando

Encántanos ver os experimentos dos nosos coles Voz Natura! Na Escola Infantil Vila Laura demóstrannos que a ciencia ten cabida desde as primeira etapas da educación. Hoxe toca extraer a clorofila na aula e investigar sobre este apaixonante tema. Parabéns pola iniciativa!

IV Congreso de Jóvenes Expertos

IV Congreso de Jóvenes Expertos

Este grupo de valentes do CPR Salesianos de Ourense, como moi acertadamente describiunos o seu profesor e coordinador de Voz Natura, Quique Fernández, acudiron ao IV Congreso de Jovenes Expertos celebrado onte en Ponferrada a presentar os seus traballos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Estaremos moi atentos a eles!

Aula de natureza

Aula de natureza

Os alumnos e alumnas do CEIP Curros Enríquez de Celanova gozan dunha aula de natureza dentro da carballeira de Santa María. Non se nos ocorre mellor contorna, e máis especial, na que aprender. Voz Natura leva vinteseis anos animando aos centros a traspasar as paredes da aula e deseñar novas formas de coñecer a través do noso medio natural. Esta carballeira é un símbolo de iso!

O meco manda

O meco manda

Achégase o entroido no CEIP Vendas da Barreira e o seu meco dá as instrucións en clave ambiental. Hoxe toca porse unha gravata feita con material de reciclaxe!

Visitando as nosas montañas

Visitando as nosas montañas

Desde Voz Natura queremos mostrarvos estes dúas marabillosas paisaxes: as montañas do Courel, vistas desde O Cebreiro; e o río Bibei, ao seu paso por Montefurado. Coñecer os enclaves máis especiais da nosa xeografía e marabillarnos pola súa beleza axúdanos a querela e por tanto, a protexela.

A mancharse as mans!

A mancharse as mans!

No EEI Monte do Alba mánchanse as mans para plantar grelos, patacas e espárragos no seu invernadoiro. Os máis pequenos gozan dun pouco máis de horto grazas á última ampliación en bancales. Agora toca coidar a colleita!

Un galiñeiro nos Ancares

Un galiñeiro nos Ancares

No CPI de Cervantes ensínannos o seu galiñeiro. Pero onde están as galiñas e o galo? Dando un paseo e gozando da fría mañá nos Ancares.

A horta de Covas

A horta de Covas

Todos os centros aproveitan a tregua de choivas para saír a disfrutar dos seus hortos exteriores. No CEIP de Covas, en Viveiro, fan o propio e coidan das súas leitugas. É moi importante destacar os valores destas actividades para a saúde física e psicolóxica do alumnado. Relacionarse co medio que lles rodea, respirar aire fresco, mancharse as mans e interaccionar coa natureza é parte da aprendizaxe. Un horto é un lugar marabilloso para isto, e para moito máis!

Un proxecto multidisciplinar

Un proxecto multidisciplinar

Así é o proxecto levado a cabo polo IES San Rosendo de Mondoñedo. Das súas creacións de estruturas con vimbios chamounos a atención o observatorio de aves en construción. Tamén as súas estacións de cultivos de cogomelos, entre elas pleurotus ostreatus ou cogomelo de ostra, e o xardín de aromáticas que xa crecen a bo ritmo.

Plantando en Burela

Plantando en Burela

O IES Monte Castelo planta no seu invernadoiro acelgas, remolachas e leitugas. A diferenciación en bancales feitos con madeira permite traballar máis comodamente aos alumnos e alumnas e delimita os cultivos. Sempre é unha boa opción, recomendámola!.

Unha exposición xenial

Unha exposición xenial

No CEIP Juan Rey de Lourenzá atopámonos con esta marabillosa exposición feita con materiais reutilizados, desde pinzas da roupa ata latas, pasando por piñas, madeiras, ramas e cortizas. Todo un exercicio de imaxinación!

Unha clase na horta

Unha clase na horta

O horto escolar do CEIP Coirón-Dena de Meaño é un lugar estupendo para aprender. Desde Voz Natura sempre vos animamos a que traspasedes as paredes da aula e usedes espazos como este para aprender un pouco máis sobre os alimentos que plantamos, cultivamos e consumimos e por suposto, para sentir a terra coas mans!

A ciencia dentro e fóra da aula

A ciencia dentro e fóra da aula

Así nos conta Chelo, do CEIP da Torre-Cela de Bueu, esta parte do seu estupendo proxecto: "no primeiro plan do Contexto Científico o alumnado de 3° a 6° estudou os ecosistemas da súa contorna, visitando a Praia de Agrelo, o monte e os arredores do noso cole, para investigar a fauna e a flora máis próximas e estudar a súa biodiversidade. Na praia viron aves, crustáceos, líquenes, peixes, bivalvos e algas. No monte investigaron as relacións alimentarias, os tipos de biótopos, paisaxes humanizadas... Todos sacaron fotografías para seguir traballando o aprendido fora e tamén dentro da aula. Ademais, observaron a area da praia no microscopio, estudaron a acidificación dos mares e comprobaron a existencia de microorganismos na terra entre outras moitas cousas."

Creando compost

Creando compost

Na Escola Infantil Vila Laura de Vigo sacan o máximo partido á súa horta urbana reciclando os restos orgánicos das súas merendas. Aquí vemos aos alumnos e alumnas peneirando o abono. E ademais aproveitan para buscar os pequenos organismos que habitan en el!

Un encontro moi especial

Un encontro moi especial

En Voz Natura encántanos recibir a novos participantes no programa, e máis se son como o CRA de Vilaboa. Desde aquí o noso recoñecemento ao seu traballo incansable e ao entusiasmo que mostran en cada actividade. Os colexios rurais son unha gran familia que sempre contarán co noso apoio!

Un obradoiro de reciclaxe de roupa

Un obradoiro de reciclaxe de roupa

Con estas camisetas marabillosas sorprendéronnos os alumnos e alumnas do CEIP Paraixal de Vigo. Non hai necesidade de comprar cando se poden reutilizar as prendas vellas. Iso si, cun lavado de cara!

O teu consumo deixa pegada

O teu consumo deixa pegada

O CEIP Salgado Torres da Coruña demostra a súa creatividade cun mural sobre a nosa temática Voz Natura do presente curso. Reutilizando papeis de xornal para as súas creacións artística e usando as mans para mostrar a súa pegada. Bravo!

Centeo, millo e plantas de outono

Centeo, millo e plantas de outono

Todo o traballan no CEIP de Baño-Xanza e todo o fan estupendamente, desde a malla do centeo ata a esfolla do millo, pasando polo cultivo das súas plantas de outono e inverno nos colectores reciclados no centro. Poñendo en valor as labores e cultivos tradicionais!

Un mural para o Monte do Alba

Un mural para o Monte do Alba

O artista Roberto Argüelles pintou este marabilloso mural para a Escola Infantil Monte do Alba de Vigo. Encántanos ver como toda a comunidade implícase facendo a súa aportación aos proxectos do centro. O invernadoiro e as zonas axardinadas son agora espazos renovados e cheos de vida. Parabéns!

Investigando

Investigando

Non hai mellor maneira de coñecer a flora que investigando no campo, na contorna que che rodea. O alumnado do CEIP Antonio Fernández López de Oural utilizou as súas tablets para fotografiar as distintas especies do patio. Logo buscaron información e presentárona en forma de herbario e cun código QR para completar o seu traballo. Agora están a investigar sobre os coidados para protexer as árbores do centro.

Coidando dos animais

Coidando dos animais

Na EEI Dalila de Pontevedra aprenden a coidar dos animais en colaboración coa Asociación Xoán XXIII. E aínda quedou tempo para plantar unhas coles!

Bos consellos

Seguide os consellos das aulas azul e verde do CPR Sagrado Corazón Placeres para ser responsables co medioambiente. Son todo un exemplo!

Amorodos e leitugas no Crespo Rivas

Amorodos e leitugas no Crespo Rivas

A Escola Infantil Concepción Crespo Rivas de Pontevedra xa ten o seu invernadoiro cheo de amorodos e leitugas. Agora só queda esperar a que amainen as choivas para continuar as plantacións no exterior. A tan esperada choiva dá pouca tregua aos máis pequenos... de momento!.

Concienciando en Lourido

Concienciando en Lourido

Os alumnos e alumnas do CEIP de Lourido en Pontevedra tiveron unha fantástica idea para sensibilizar á comunidade escolar e ás familias na entrada do centro. Con diferentes elementos naturais e reciclados aconséllannos separar ben os residuos ou pechar correctamente as billas a través destas estupendas composicións coa súa mascota de protagonista.

Recollendo cogomelos

Recollendo cogomelos

Os alumnos e alumnas de xardinaría da CEE Saladino Cortizo de Vigo aproveitan o outono para recoller cogomelos. Unha das múltiples actividades que levan a cabo neste centro, que goza dun lugar privilexiado para reforestar con diversas especies de árbores a súa contorna, coidar dos seus xardíns e cultivar na súa horta.

Plantando un limoeiro

Plantando un limoeiro

O avó de Maia achegouse á Escola Infantil Monte do Alba de Vigo para plantar un limoeiro. Encántanos a implicación das familias nas actividades ambientais dos centros. Así se ensina, dando exemplo!.

Aprendendo a reciclar

Aprendendo a reciclar

Os máis pequenos do CEIP Manuel Rodríguez Sinde da Guarda aprenden a reciclar con estas estupendas papeleras. A separación de residuos é un dos bos hábitos ambientais que acompañarán toda a vida ao alumnado, se aprenden a realizalo correctamente desde as idades máis temperás. Estes son os pequenos xestos que marcan a diferenza.

Patrullas de limpeza

Patrullas de limpeza

Este grupo de alumnas voluntarias de 3º de ESO do CPR Miraflores de Ourense son todo un exemplo para a súa comunidade educativa. Esta actividade de limpeza de Montealegre despois do Magosto móstranos que non só é necesaria a acción directa, senón tamén a concienciación ambiental. Non podemos seguir enchendo de lixo os nosos montes!

O galiñeiro do Santa Mariña

O galiñeiro do Santa Mariña

O recreo é un momento estupendo para comprobar se as galiñas do CEIP Santa Mariña de Vigo puxeron ovos. Esta vez non houbo sorte, como puideron observar os alumnos máis curiosos do centro, pero como ben lles di Alberto, o coordinador deste marabilloso proxecto, tamén toca limpar o galiñeiro!.

Monte Vivo

Monte Vivo

O IES Ponte Caldelas, en colaboración coa Escola Forestal de Lourizán, leva cinco ano traballando no seu proxecto "O Monte Vivo" de custodia do territorio. A partir dos incendios forestais que cercaron ao centro en 2017, os alumnos e alumnas de Ponte Caldelas puxéronse mans á obra para reforestar con árbores autóctonas a súa contorna máis próxima. Os equipos de 2º de ESO, xunto cos estudantes do ciclo forestal actuando como monitores, viviron unha xornada de traballo colaborativo.

Unha horta de primeira

Unha horta de primeira

O CEIP A Doblada de Vigo presume de horta, e con razón!. A gran participación fai que cada ano crezan os espazos nos que gozar das actividades hortícolas. Os profes teñen que axudar coas cabazas, só hai que ver o tamaño!

Obradoiros ambientais

O CEIP Nº2 de Tui xa realizou ata dez talleres para dar continuidade ao seu proxecto ambiental "Naturaliza-T" iniciado no curso pasado: compostaxe, reciclado, actividades de horto, arte e natureza e ata colaboración das familias dentro deste completo e multidisciplinar programa ambiental. Un traballo incansable e dunha grandísima dedicación para ofrecer aos escolares de Tui o mellor na aula. Aquí vai o noso recoñecemento e noraboa!

Recollendo castañas

Recollendo castañas

Os alumnos e alumnas de 5.º e 6.º de Primaria do CEIP Paraixal saen a recoller castañas para o Magosto no monte da Buraquiña. Coñecer, coidar e valorar os espazos naturais da nosa contorna e gozar das súas riquezas é o primeiro paso para formar adultos responsables co medioambiente.

Instalacións de reciclaxe

Instalacións de reciclaxe

Ademais de desenvolver a súa creatividade utilizando elementos naturais para as súas composicións artísticas, os máis pequenos do CEIP Paraixal de Vigo gozan destas instalacións feitas con materiais reciclados dentro do seu proxecto de sustentabilidade.

A horta como ferramenta educativa

A horta como ferramenta educativa

Lucía, coordinadora do CEIP A Sangriña da Guarda, ensínanos as melloras na horta do centro. A horta como ferramenta educativa permítenos aprender experimentando, coñecer produtos autóctonos, promover unha dieta saudable e mesmo fomentar a participación de todo tipo de alumnado.

Setas en A Guarda

Setas en A Guarda

Na pequena biocenosis do CEIP As Solainas da Guarda xa saen até cogomelos debaixo das súas árbores. Unha charca, un invernadoiro e unha horta exterior e agora un pequeno coello chamado Oreo completan este espazo de biodiversidade. Aquí podemos ver un exemplar de Volvariella speciosa. José Antonio Díaz Núñez, membro do Comité Científico de Voz Natura e micólogo avísanos: "non se debe consumir, e pódese confundir con algunha amanita"

Unha chamada de atención

Unha chamada de atención

Unhas imaxes que nos fan reflexionar sobre a falta de civismo e a irresponsabilidade ambiental. Gonzalo, o coordinador do CPR Divina Pastora de Ourense, aquí acompañado da profesora do CPR María Inmaculada de Verín, Chiqui, (ambos sempre dispostos a coidar da natureza) retiran do Monterrei todo tipo de lixo despois do Magosto. Atá dous sofás e unha neveira!

O composteiro

O CEIP Antonio Fernández López de Oural fixo este estupendo vídeo para explicarnos o seu proxecto de compostaxe, non volo perdades!

Plantando sementes

Plantando sementes

Na Escola Infantil Fany de Narón levan anos sendo un referente de Voz Natura pola diversidade e calidade dos seus proxectos. Aquí podemos ver aos pequenos plantando sementes de cabaza na aula, e como dicimos sempre desde o Comité Científico... prohibido non tocar e prohibido non mancharse! As aprendizaxes vivenciais desde as primeiras etapas da educación son moi importantes.

Controlando os vertedoiros ilegais

Controlando os vertedoiros ilegais

O IES Vilar Ponche de Viveiro limpa e protexe a súa contorna localizando vertedoiros incontrolados e retirando o lixo que atopan ao seu paso. O río Landro ten a súa propia patrulla de mozos comprometidos co medioambiente. Concienciados e listos para a acción, todo un exemplo para a sociedade!

Halloween para unos, Samaín para otros, puente de Todos los Santos para la población entera. Y ello ha hecho que los centros en general y los que participan en Voz Natura en particular se hayan afanado la semana pasada en engalanar las paredes y desarrollar múltiples actividades con los alumnos. 

Que se lo digan si no a Uxía Quintela, profesora de la EEI San Roque de Viveiro. Los casi setenta alumnos se han lanzado, con el notable apoyo de sus familias, a diseñar y elaborar monstruos con la condición de que fuera con material reciclado. Así, tal y como suena, porque durante el curso van a trabajar con monstruos, incluyendo lectura de cuentos porque «para nosotros la biblioteca es muy importante, planificamos las cosas en torno a ella», en palabras de la profesora. ¿Y qué han hecho con tanto monstruo? Pues una exposición. «Y nos quedó muy chula», remata, con claro orgullo, Uxía Quintela.

Otros que, como por ejemplo, los 24 alumnos del CEIP San Cosme de Barreiros y también «gracias a la colaboración de las familias» (son palabras de su profesora Vanessa Bello) han reunido una amplia colección de calabazas con formas de casas de todo tipo (las hay con forma de nido para pájaros) dentro del proyecto «Abre a porta e verás».

También los más pequeños del CPR María Auxiliadora (los salesianos), en Ourense, realizaron  actividades medioambientales estos días. Quique Fernández, con los mayores, ya está pensando en futuras salidas para más adelante tras haber visitado la sierra de O Invernadoiro y llevar a cabo un roteiro por los aledaños de su ciudad con el fin de que los alumnos identificaran ecosistemas.

Tampoco pierden el tiempo en el CEIP de Vilarmide, en Muxía. Su profesora Estefanía Campos acaba de pedir el material para seguir adelante con lo que ya es una tradición por estas fechas: Cogumelandia, cultivando setas en el aula, algo en lo que participa el medio centenar de alumnos con que cuenta el centro, que nada más llegar en septiembre se encontraron con fresas en su invernadero escolar. «Podamos e imos plantar de novo», dice Estefanía Campos.

Un sombreiro de follas!

Encantounos esta actividade de creación do teu propio sombreiro con follas de castiñeiro que levaron a cabo no CEIP Santa Rita de Galdo. Unha maneira fantástica de estimular a creatividade dos alumnos, demostrar que eles mesmos poden facer máis do que se imaxinan e recapacitar sobre o noso consumo. Parabéns!

Ampliando a horta

Ampliando a horta

O CPI de Cervantes amplía a súa horta con novos bancales. Máis espazo para plantar e máis participación no centro lucense! Ademais contaron coa visita do programa da TVG, Cos pés na terra, para contar as súas experiencias.

Unhas cabazas de medo

Unhas cabazas de medo

Abre a porta e verás, así se chama este proxecto do CEIP San Cosme de Barreiros no que os alumnos e alumnas do centro lucense decoraron as súas cabazas con forma de casa. Ata atopámonos un niño de paxaros!

O CRA de Monterrei en O Invernadeiro

Coñecer é querer e querer é protexer! Os alumnos e alumnas do CRA de Monterrei visitaron o Parque Natural de O Invernadeiro en Ourense.

Celebrando o Outono

Celebrando o Outono

En Galdo recíbennos coa sabedoría dun castiñeiro cuxos froitos son ditos populares. O CEIP Santa Rita de Viveiro mantén vivo o noso patrimonio inmaterial e celebra o Outono tamén dentro do propio colexio.

A R sempre presente

A R sempre presente

Reduce, recicla e reutiliza! O CEIP de Cervo creou este estupendo espazo no centro para lembrarnos que os bos hábitos ambientais pasan polos detalles do día día. Aprender a separar os nosos residuos e reciclar é fundamental non só na aula, en todos lados e todos os días!

Plantando grelos

Plantando grelos

No CEIP Vista Alegre de Burela xa teñen plantados os grelos no seu invernadoiro, e como nos mostran na súa páxina web, tamén teñen claro que van facer con eles cando crezan. Ao rico grelo de Burela!

Roteiro Didáctico Ambiental

Roteiro Didáctico Ambiental

O CPR María Auxiliadora - Salesianos de Ourense cumpre un ano máis o seu compromiso co Parque Natural de Ou Invernadeiro realizando un dos seus roteiros didáctico ambientais por este espazo de gran valor. Non deixedes de visitar a súa páxina e coñecer este marabilloso proxecto multidisciplinar, que xa nos acompaña na súa decimoprimeira edición.

O viveiro do Albino Núñez

O viveiro do Albino Núñez

No invernadoiro do CEIP Albino Núñez de Ourense xa están as landras plantadas e preparadas para crecer. A creación dun viveiro de árbores é unha das nosas actividades favoritas, permite familiarizarnos cos coidados que require o noso sementeiro desde o inicio até o transplante dos exemplares ao monte.

Materiais para os máis pequenos

Materiais para os máis pequenos

Non deixedes de seguir o estupendo blog do CPR Pablo VIN Fátima da Rúa de Valdeorras. Un espazo pedagóxico no que seguir as aventuras dos máis pequenos do colexio. Ideas diferentes sobre materiais reciclados aos que todos temos acceso e son de gran utilidade.

Reciclando tapóns e pilas

Reciclando tapóns e pilas

O CPR Divina Pastora de Ourense ten o premio á constancia e dedicación. Durante todos estes anos da man de Voz Natura, nunca deixaron de realizar centos de actividades ambientais tanto no centro como na súa contorna. Non podemos nomealas todas aquí (sería imposible!), pero podemos dar testemuño das toneladas de tapóns e pilas, entre outras moitas cousas, que reciclan nun ano lectivo. Son todo un exemplo!

Concienciando en Francelos

Concienciando en Francelos

No CRA Amencer de Ribadavia teñen claro que non só basta coa acción directa sobre o medio, limpando a súa contorna de lixo e ecopatrullando no centro escolar, tamén é necesario concienciar a toda a súa comunidade. Un traballo estupendo de sensibilización ambiental.

Olivas e mazás

Olivas e mazás

O traballo empeza a dar os seus froitos no CEIP de Marcón, en Pontevedra. Mirade que estupendas olivas e mazás teñen as árbores do centro! Habitualmente recomendámosvos plantar froiteiros nos vosos espazos verdes, e se tedes dúbida... unha maceira sempre é unha boa opción!

Unha horta de aromáticas

Unha horta de aromáticas

Ano a ano vemos como crece o horto de aromáticas do CEIP de Monterroso, en Lugo. O alumnado deste centro está encantado con esta actividade e as familias tamén, sobre todo cando reciben os pequenos saquiños de aromáticas nas súas casas!

Coidando do río

Este ano o río Lor volverá estar en boas mans. O CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel limpará as súas marxes e estudará a contaminación das súas augas, unha actividade que levan anos realizando.

Ideas para un invernadoiro

Ideas para un invernadoiro

Todos os anos tentamos mostrarvos ideas para crear o voso invernadoiro no centro. No IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz levan anos traballando con esta marabilla feita con botellas de plástico recicladas. A reutilización de materiais non só abarata os custos do invernadoiro, senón que fai máis fácil o recambio de pezas, e ademais é unha actividade máis que facer cos vosos alumnos e alumnas! Todo son vantaxes!

Biodiversidade en calquera lugar

Biodiversidade en calquera lugar

No CEIP Lagostelle de Guitiriz atopámonos con este exemplar de Mantis religiosa na porta do colexio. Unha mostra máis da biodiversidade que temos a oportunidade de coñecer e valorar ó noso redor.

Tres mil troitas para o río Barbeira

Tres mil troitas para o río Barbeira

Os alumnos e alumas do CEIP A Lama de Pontevedra participaron na solta de tres mil alevíns de troita organizada pola Asociación Cultural Río Barbeira. Unha iniciativa que vos animamos a coñecer e imitar.

Cos pés na Terra

Cos pés na Terra

Os alumnos e alumnas do EEI Xela Arias de Sarria xa están a preparar as súas actividades ambientais. Fixádevos que recibimento ás portas do centro!

Ideas moi orixinais

Ideas moi orixinais

O invernadoiro de botellas de plástico recicladas é unha das ideas sobre as que máis nos preguntan os profes Voz Natura. Unha maneira estupenda de aforrar recursos, dar nova vida a materiais usados e obter grandes resultados. O hotel de insectos é outro gran exemplo de actividade orixinal para fomentar a biodiversidade do noso horto.

Seguimos colleitando

Seguimos colleitando

No CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón continúan colleitando tomates. Moitos dos nosos centros saben que até outubro aínda poden sacar produción, e non perden a oportunidade!

Recollendo a colleita

Recollendo a colleita

Neste comezo de curso, unha das actividades que máis se repite nos nosos centros Voz Natura consiste en colleitar, como no caso do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras, os tomates, pementos ou berenxenas plantados na tempada estival. Non hai mellor maneira de volver ao cole!

COMEZA O CURSO!

COMEZA O CURSO!

As visitas do Comité Científico polos 368 centros participantes comezan o 12 de setembro. Bo comezo de curso!

Síguenos en nuestras redes

¡No te pierdas nada!