CAST
|
GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

¡Participa en nuestras actividades!

 

CURSO 22-23: ¡CONSUMIMOS RESPONSABLEMENTE!

Voz Natura chega á 26.ª edición coas mesmas ganas e ilusión de sempre. Comeza en setembro un novo curso no que 368 centros educativos e asociacións executarán outros tantos proxectos de acción ambiental. Dentro e fóra das aulas, máis de 80.000 alumnos e 3.500 docentes traballarán para protexer e recuperar ecosistemas, reforestar, reciclar e, este curso especialmente, para fomentar o consumo responsable.

O tema destacado desta edición é o consumo responsable, sostible e respectuoso co medioambiente. Deste xeito, realizaranse todo tipo de actividades relacionadas coa xestión sostible e o uso eficiente dos recursos naturais, a redución, reciclado e reutilización de desfeitos, o aforro enerxético e as ecoauditorías escolares. As accións destinadas a coñecer e reducir a pegada ecolóxica serán as protagonistas da 26.ª edición e convivirán, coma sempre, con todo tipo de accións ambientais.

Ao longo do curso, Voz Natura proporá actividades paralelas para enriquecer os proxectos. Tamén, os centros recibirán a visita do comité científico que os asesorará e axudará a levar os proxectos ao terreo.
¡Comezamos e non paramos ata xuño do 2023!


 

RECURSOS

LISTADO DE CENTROS PARTICIPANTES E PROXECTOS
CARTEL 26.ª EDICIÓN
BASES