CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Participa das nosas actividades!

 

CURSO 23-24: ¡PROTEXEMOS A FLORA E A FAUNA DE GALICIA!

Voz Natura chega este curso ao seu 27.ª edición con cifras históricas: 373 centros educativos e asociacións participantes con máis de 3.700 docentes guiando a 78.000 nenos e novos.
Entre setembro e xuño, cada centro executará un proxecto ambiental, que xa foi revisado e aprobado polo comité científico do programa para garantir a súa viabilidade e rigor científico. Un ano máis, haberá reforestacións e plantacións na contorna das escolas, invernadoiros e hortos no recinto escolar, limpezas de praias e ríos, reciclaxe e investigación.

O tema central do curso —sobre o que se propón realizar actividades específicas xunto a todas as demais— é o coñecemento e a protección da flora e fauna autóctonas. Trátase de que os estudantes traballen para frear o empobrecemento da biodiversidade e a destrución de hábitats. E farano a través de diversas accións e traballos para protexer especies en perigo de extinción, creando biorrefugios, investigando sobre especies da contorna próxima, reforestando con especies arbóreas autóctonas ou eliminando especies invasoras. Todos os centros participantes recibirán a visita do comité científico que os asesorará e axudará a levar os proxectos ao terreo.

Propostas para todos!
Ao longo da presente edición, Voz Natura propón tamén distintas actividades co obxectivo de enriquecer os proxectos e fomentar a acción e a concienciación ambiental. Pica aquí e participa!


 

26ª edición en imaxes

 
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido

 

RECURSOS

LISTADO DE CENTROS PARTICIPANTES E PROXECTOS
CARTEL 27.ª EDICIÓN
CALENDARIO 2023-2024
BASES
LOGO