Esta data foi establecida no ano 1962, grazas ao presidente John F. Kennedy que decretou que todas as persoas sen distinción de clases, tivesen dereito a gozar de certos beneficios como consumidor.
A partir de 1983, celebrouse por primeira vez este día e dous anos despois, establécese nas Nacións Unidas un decreto para a protección dos consumidores co obxectivo de reivindicar, recoñecer e lexitimar os dereitos destas persoas a nivel internacional e poder protestar contra os abusos do mercado e as inxustizas sociais e ambientais que menoscaban estes dereitos.
O Consumo Responsable implica un consumo ético, ecolóxico e social. A idea de celebrar este día é que as persoas asuman un rol protagonista para defender os seus dereitos e poder esixir produtos de calidade, que non danen a súa saúde, nin moito menos ao medioambiente.
ODS. Obxectivo 12