CAST | GAL
Voz Natura é posible grazas ao apoio de diversas entidades públicas e privadas que, co seu apoio económico e loxístico, contribúen a que os traballos ambientais dos centros educativos se convirtan en realidade. Son os nosos patrocinadores.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Ininterrumpidamente, desde 1997, este departamento autonómico presta a súa máxima colaboración ao programa apoiando e impulsando diversas iniciativas para fomentar a sensibilidade ambiental e a educación ecolóxica en Galicia.

Deputación da Coruña

Esta administración local desempeña un papel fundamental na promoción da concienciación ambiental individual e colectiva. Dentro das súas accións encamiñadas a protexer a natureza e promover a concienciación ambiental individual e colectiva, apostan, desde 1997, pola educación ambiental desde a infancia.

Alcoa Foundation

No 2013 nace Naturacción, un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación. A Fundación Alcoa únese así ao noso programa educativo co obxectivo de atender as especificidades ambientais da zona da Mariña Lucense e a súa contorna.

El Corte Inglés

A Responsabilidade Social Corporativa do Corte Inglés é parte da súa estratexia de xestión, un factor de competitividade e un elemento fundamental na política que mantén desde as súas orixes. Traballan  para conseguir un planeta máis sostible e un futuro mellor para todos e seguir avanzando na súa vinculación coa sociedade e a contorna.

Fundación Ramón Areces

Os seus obxectivos fundamentais son o impulso da investigación, a formación de excelencia e a difusión do coñecemento. Presta especial apoio a iniciativas relacionadas directamente co desenvolvemento sostible, a preservación do medioambiente e proxectos científicos que contribúan a mellorar o benestar social.