CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Volver

 

ECO-RETOS VOZ NATURA

Co obxecto de visibilizar as vosas accións ambientais, propoñémosvos realizar e compartir os vosos logros de recuperación e defensa da natureza. 

Animádesvos a participar?

 

VISITAS E TALLERES NO MUNCYT!

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía volven poñer en marcha o programa de visitas guiadas e talleres educativos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, co obxectivo de achegar a ciencia e o coñecemento científico a toda a sociedade.

 

CHARLAS DE PROTECCIÓN DA NATUREZA

A Garda Civil e a Policía Nacional poñen en marcha un novo ciclo de accións formativas e ofrecerán aos centros participantes en Voz Natura charlas gratuítas para concienciar a nenos e mozos sobre a importancia de coidar o medioambiente.

Solicita a túa charla formativa!

 

Participa na creación do Decálogo Voz Natura contra a crise climática!

Lanzamos unha nova actividade cun obxectivo claro: concienciar e mobilizar á sociedade en accións concretas que axuden a mitigar o cambio climático e protexer o noso planeta.

 

Voz Natura busca reporteiros medioambientais!

A web e as nosas Redes Sociais -Facebook, Instagram ou o canal de YouTube de Voz Natura- queren ser escaparates do voso labor ambiental, así que collede o móbil, a cámara de fotos, de vídeo..., gravade o voso traballo e convertédevos en reporteir@s ambientais. Así todo o mundo poderá ver o que facedes para coidar a contorna natural de Galicia e contaxiarase do voso compromiso coa natureza.