Día Mundial da Saúde
O 7 de abril do 1948 creouse a Organización Mundial da Saúde (OMS) co obxectivo de traballar para que os pobos do mundo alcancen o máximo nivel de saúde posible. Desde entón, cada 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde.No 2011, a OMS lanza unha campaña mundial para chamar a atención sobre os riscos da resistencia aos los antimicrobianos e a súa propagación mundial como unha ameaza para a continuidade da eficacia de moitos medicamentos usados hoxe en día. O organismo destaca que esta situación pode facer peligrar os grandes avances que se están a conseguir contra algunas infeccións mortíferas importantes.